Certificado ISO 9001 por BVQI

Na mesma sección

Visita a Viana do Castelo

(11-11-2008) O 28 de outubro de 2008 os alumnos de Bacharelato tivemos a nosa primeira salida cultural deste novo curso a Viana do Castelo. [Máis]

Universidade de Vigo e o Espazo Europeo de Educación Superior

(16-05-2008) José Luis Legido Soto, do departamento de Física Aplicada, falou ó alumnado de Bacharelato sobre a nova configuración dos estudos universitarios no marco europeo. [Máis]

Visita a Barcelona

(16-04-2008) Alumnos e alumnas de Bacharelato visitan a capital catalana [Máis]

Fotos despedida

(29-05-2007) Fotos da despedida dos alumnos/as de Bacharelato [Máis]

Intercambio 2006

(03-04-2006) Pequeno resumo en fotos [Máis]

Intercambio de 1º de Bachillerato

(13-12-2004) EL INTERCAMBIO ASÍ COMENZÓ TODO… ¿Sabes donde está Aalborg?, si haces esta pregunta a tus amigos, familiares o a cualquier persona que veas por la calle posiblemente ni siquiera le suene este nombre, incluso, seguro que tu no habías oído este nombre en tu vida; pero si te acercas a las clases de primero de Bachillerato del Colegio Miralba cualquier alumno te dirá que Aalborg es una pequeña ciudad industrial al norte de Dinamarca. Ahora te estas preguntando por qué lo saben ¿verdad?, pues escucha: [Máis]

Visita cultural ó Grove de 2º de Bacharelato

(13-12-2004) Visita cultural ó Grove O día 28 de outubro os alumnos de 2º de Bacharelato realizamos unha visita cultural ó Grove. Alí tivemos a oportunidade de facer dúas visitas moi interesantes. [Máis]

Intercambios europeos

(07-10-2004) Ola europe@s, [Máis]

Despedida de los alumnos de 2º de bachillerato

(14-06-2004) El pasado 21 de mayo, los profesores del colegio, los alumnos de 2º de bachillerato y sus padres, tuvimos la despedida de esta promación. Fue un acto muy emotivo, donde la tristeza por la despedida y la alegría por el inicio de una nueva etapa se unieron. Desde aquí toda la comunidad educativa del colegio les desamos suerte en la selectividad y en sus proyectos futuros. [Máis]

Visita a Bruselas

(18-03-2004) Un grupo de alumnos de Bachillerato visitan el Parlamento Europeo [Máis]

[Arquivo]

Saída á Coruña

18/11/2003. Os alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato visitamos A Coruña

O pasado día 30 de octubre, os alumnos de 1º de Bacharelato que quedamos en Vigo (xa que o resto estaba en Italia de intercambio) tivemos unha saída a A Coruña, máis exactamente á planta de tratamento de residuos orgánicos de Nostián, e ó santuario da Pastoriza.

Partimos as oito y media da mañá, facía frío e chovía, tiñamo-la esperanza de que o tempo cambiase có paso do dia, pero non foi así. A viaxe durou aproximadamente dúas horas, nas que o bo ambiente e a diversión reinaron no autobús.

Sobre as dez e media, chegámos o noso primeiro destino, a planta de tratamento de residuos orgánicos de Nostián, preto da zona onde anteriormente se atopaba o famoso vertedeiro de Bens. Como se acostuma dicir “non hai mal que por ben non veña” , posto que a desgracia ecolóxica ocurrida alí, provocou a toma de conciencia sobre o tratamento dos residuos. Unha das reaccións foi a creación da planta de tratamento de residuos.

En canto baixamos do bus, dirixímonos, cara unha sala de proxeccións, na que Ramón (o guía da visita), proxectounos un video sobre os motivos da existencia da planta, a misión que desempeñaba na sociedade, etc…

A planta de Nostián consta de varias naves. En cada unha delas realízanse diferentes funcións. O ciclo comeza coa chegada do lixo, que é vertido nun gran foso de 10 metros de profundidade no que se almacena. A continuación pasa a seguinte fase da cadea, onde son separados os distintos tipos de materias: orgánicos, metálicos, plásticos… todos estes, excepto a materia orgánica, son almacenados, e en moitos casos vendidos. A materia orgánica trátase con bacterias para que fermente e produza enerxía (aproveitada polo complexo para o seu auto-abastecemento). A materia fermentada vólvese tratar, ata converterse nunha especie de abono para o campo: o compost. O que críamos inservible volve a cadea como base da alimentación das planta, ¿incrible ou non? Queda demostrado que o recliclaxe é posible se nós poñemos esforzo pola nosa parte.

Tras visita-lo complexo, dirixímonos a Arteixo, para ver, unha iglesia, a cal permanecia pechada debido o mal tempo imperante, foi unha mágoa.

Xantamos no centro comercial Rosales, e sobre as catro da tarde partimos cara Vigo.

Agradecemos a Ana, Geni e Elena, o levarnos a esta visita cultural e estar sempre presentes cando as necesitamos. Tamén lee damo-las gracias a Ramón o guía, que demostrou unha gran paciencia e simpatía.

~Óscar Díez Meleiro e Alfonso Ortega García, 1º Bacharelato~


Portada