(27-04-2009) Desde el momento en que llegamos a la fábrica, nos persiguió el olor característico del chocolate durante toda la visita y además degustamos algunas de las exquisitas especialidades de la marca. [Máis]
(23-04-2009) Sumergiéndose en la cultura inglesa [Máis]
(22-04-2009) Primer día del Intercambio [Máis]
(02-03-2009) Desde el día 6 de Febrero hasta el 13 ha tenido lugar la primera parte del Intercambio 2008-2009 (Intercambio Multimedia) [Máis]
(16-02-2009) El jueves 5 de febrero los alumnos de 1º y 2º de bachillerato asistimos a una interesante conferencia impartida por la profesora Inmaculada Prieto Jiménez, directora de Adaptación de los Estudios al Espacio Europeo de la Universidad de Vigo. [Máis]
(11-11-2008) O 28 de outubro de 2008 os alumnos de Bacharelato tivemos a nosa primeira salida cultural deste novo curso a Viana do Castelo. [Máis]
(16-05-2008) José Luis Legido Soto, do departamento de Física Aplicada, falou ó alumnado de Bacharelato sobre a nova configuración dos estudos universitarios no marco europeo. [Máis]
(16-04-2008) Alumnos e alumnas de Bacharelato visitan a capital catalana [Máis]
(29-05-2007) Fotos da despedida dos alumnos/as de Bacharelato [Máis]
(03-04-2006) Pequeno resumo en fotos [Máis]
26/11/2003. Este ano no Colexio Miralba realizamos o noso primeiro intercambio de estudios co Liceo de Ucellis de Italia, en Udine.
A experiencia resultou ser beneficiosa e os alumnos afortunados debemos agradecer ó Colexio o feito de ternos dado a oportunidade de realizalo.
A continuación, realizaremos un breve resumo dos dez días que estivemos alí.
A viaxe de ida foi longa e cansada, debido ás esperas nos aeroportos. Pero a pesar de isto, esperabamos con ilusión a chegada, inquedos por coñecer outra xente, outro país, outra cidade… Despois de tan longa viaxe chegamos á esperada Udine. Tivemos un acolledor recibimento onde coñecimos ós nosos compañeiros.
Chegamos á casa da familia italiana que nos tocara e foron explicándonos os seus costumes,os seus horarios, etc…
O día seguinte foi o primeiro día de colexio. Unha profesora italiana foi a encargada de mostrárnolo. A lingua empregada no Centro era tanto o Italiano coma o inglés.As clases comezaban a las 8:20 e remataban ás 13:00 cun recreo de dez minutos.As clases fixéronse moi amenas xa que cada un daba a súa opinión e participábase moito.Na nosa estadía en Udine fixemos diferentes actividades, visitamos cidades coñecendo a súa cultura, os costumes, vimos catedrais e coñecimos a súa historia…
Dentro das visitas que realizamos,a que máis nos gustou foi a de Venecia. O traxecto tanto de ida como de volta era longo, pero pagou a pena.
Percorremos tendas e Centros Comerciais coas chicas italianas e visitamos cidades como “Aquileia” e “Trieste”.
O un de novembro pola noite (un día antes de vir para España), fomos todos de cea a un coñecido restaurante de Udine. Alí coincidimos tanto os estudiantes italianos como os españois, e tamén os profesores de ambos grupos.
O día seguinte foi a despedida. A todos deunos moita pena irnos de alí, xa que nos dez días nos colleramos un gran cariño. Dirixímonos ó aeroporto de Venecia (Marco Polo) e collemos un avión con destino a Vigo e escala en Madrid.
Podemos dicir que foi unha experiencia moi boa e que serviu para coñecer a xente de outra cultura, que se mostrou educada e hospitalaria á hora de acollernos nos seus respectivos fogares.
Verónica e Beatriz 1º Bacharelato