Certificado ISO 9001 por BVQI

Na mesma sección

Crónica do Halloween 2008

(17-11-2008) Os alumnos de 4º B e 4º C de E.S.O. no mes de Outubro participaron nunha actividade conxunta con 1º e 2º ciclo de Primaria,e algunha clase de Infantil. Por grupos ,prepararon unha pequena dramatización para representar diante dos pequenos do cole.A actividade foi preparada con moito cariño e aquí podedes ler as súas experiencias. [Máis]

Proyecto Comenius.-Reunión preparatoria en Vigo

(17-11-2008) Desde el 7 al 13 de Noviembre hemos recibido en Vigo a nuestros socios europeos del Proyecto Comenius.Durante estos días se ha programado el trabajo a realizar en este curso además de acompañar a nuestros visitantes a diversos lugares característicos de nuestra ciudad como el puerto de Vigo o la fábrica de automóviles Citroën.En el documento siguiente puedes acceder a la información de nuestro proyecto desde su inicio. [Máis]

Visita a Santa Tecla y Tui

(14-11-2008) En nuestra primera salida cultural, los alumnos de 3º ESO visitamos el monte Santa Tecla y la villa de Tui. [Máis]

Visita a Vilanova dos Infantes e Celanova

(11-11-2008) O día 28 de Octubro os alumnos de 4º de ESO fomos de saída cultural á provincia de Ourense. [Máis]

Crónica da Viaxe ás Médulas e o Bierzo

(02-06-2008) Esta viaxe realizouse os días 28 e 29 de abril de 2008. [Máis]

Presentamos La clase en el bolsillo

(19-06-2007) Se trata de un proyecto de integración de las tecnologías en el aula [Máis]

Asturias, tan preto de nós, pero as veces tan descoñecida

(11-05-2007) Viaxe a Asturias de 1º ciclo ESO, os días 26 e 27 de abril 2007 [Máis]

Actividad 3º de ESO

(01-11-2006) Mira las fotos de la actividad. [Máis]

Actividad 3º de ESO

(01-11-2006) Mira las fotos de la actividad. [Máis]

Fotos viaxe ESO

(26-04-2006) Percorrido fotográfico [Máis]

[Arquivo]

Asturias, tan preto de nós, pero as veces tan descoñecida

11/05/2007. Viaxe a Asturias de 1º ciclo ESO, os días 26 e 27 de abril 2007

A cultura asturiana é a que queremos coñecer. Xa sabemos aquelo de que Galegos e Asturianos primos irmáns. Así que un grupo de 95 persoas de 1º e 2º de secundaria do colexio viaxamos os días 26 e 27 de abril cara Asturias.

Mondoñedo

A primeira parada que fixemos, aínda en Galicia, foi en Mondoñedo. Pobo natal do escritor Álvaro Cunqueiro, que alí ,sentado nun banco na praza maior, contemplamos en forma de estatua. Cunqueiro foi un gran insigne e prolífico escritor que viviu moitos anos na nosa cidade dirixindo o xornal “Faro de Vigo”.

Mondoñedo foi unha das 7 provincias do Antigo Reino de Galicia. Os seus habitantes foron con nós moi amables, e sempre cun sorriso na cara. Puidemos disfrutar dun pobo precioso, no que destacaba a súa marabillosa catedral, de estilo románico e rococó. Decatámonos, pola súa catedral, que Mondoñedo foi moi importante na súa época, aínda que agora non é unha das maiores concentracións de xente, pero segue sendo un lugar entrañable.

Asturias

Continuamos no autobús cara Asturias, e por fin pasamos a fronteira sobre o río Éo. Iamos visitar un precioso pobo costeiro chamado Cudillero, pero o tempo atmosférico non acompañaba, así que o aprazamos para a 2ª xornada da nosa viaxe.

San Miguel de Lillo, ¿que é iso? Un nome que nos soa moitísimo, ¿pero que é? Ah xa sabemos, subindo ao Monte do Naranco en Oviedo, atopamos esta pequena igrexa prerrománica do século IX. E un pouco mais abaixo, o pazo de Ramiro I , Santa María do Naranco. Puidemos contemplar as súas características arquitectónicas atendendo as sabias explicacións dos mestres.

Oviedo

E logo visita a Oviedo. Alí o primeiro que vimos foi a impresionante catedral, moi parecida á de Santiago pero cunha soa torre, non por menos categoría, senón por falta de presuposto cando se construíu a catedral. Entramos para botar un vistazo ás características máis importantes da súa construcción, destacando a mestura do románico e o gótico, cunhas impresionantes vidreiras, que deixaban pasar unha tenue luz.

As aforas da catedral atopamos a estatua de Pelaio ,o famoso heroe da Reconquista.E dando unha pequena volta pola cidade, dimos cun vello amigo do cine: Woody Allen. Si señor, o mesmiño Woody Allen, que foi galardoado co premio Príncipe de Asturias fai 4 anos. Alí estaba, só que un pouquiño bronceado, ou sexa en forma de estatua de bronce. Fixemos moitas fotos con el.

E xa para pechar o 1º día, e un tanto cansos da longa xornada, marchamos ao Albergue de Sotrondio, para tomar unha reconstituinte cea, e ir a durmir. Non antes de comentar o que fixeramos ese día , e todo o que íamos facer o seguinte.

Museo da Minería e da Industria

Moi cedo erguémonos. A noite foi longa e divertida pero as 8, xa todos en pé. Almorzamos e preparámonos para o 2º día da viaxe. A primeira parada foi o MUMI, é dicir o “Museo da minería e da Industria” .Alí visitamos un montón de salas con diferentes explicacións, acerca da vida e do traballo mineiro, tan difícil e perigoso. Poleas simples, rodas, medicinas, aparellos, maquetas, fotografías, lámpadas... Tamén vimos un pouco da historia dos ferrocarrís en Asturias, réplicas dos primeiros muíños e das primeiras máquinas a vapor. Podiamos meternos nun muíño e dar voltas, levantando sacos.

Todos tan ansiosos, que non chegaba o momento de baixar á mina, que estaba situada baixo o museo. Pero por fin, pola megafonía sonou ¡grupo 5, baixada á mina! . Tócanos ao grupo de Miralba. Baixamos e baixamos nun ascensor, que parecía que nunca remataba a viaxe. A mina era enorme, fría e escura. Alí fomos acompañados por unha mineira que nos explicaba todo o referente ao traballo da mina. Na mina tivemos que poñernos cascos para protexernos. A guía explicábanos como facían os mineiros para saber se había grisú ou non, colocaban a un paxaro e se se debilitaba non era zona habilitada para sacar os minerais. Baixamos por unha rampa con moito desnivel pola que baixaban os mineiros e máis tarde subimos por unhas pendentes escaleiras.

Esforzo e duro traballo era o que esperaba todos os días aos mineiros para extraer o negro carbón das entrañas da terra. Saímos dela moi satisfeitos por vivir unha experiencia inesquecible.

Xixón e Cudillero

Continuamos o noso camiño co tempo xusto, pero aínda puidemos pasar por Xixón para visitalo e velo dende o autobús. Unha grande cidade costeira, moi parecida a Vigo.

Retomamos a visita que deixáramos o día anterior, visitando Cudillero. Máxico pobo, pequeno e costeiro, cun encanto especial, que nos deixou o corazón nun puño. As súas casas están formando unha especie de anfiteatro sobre o mar Cantábrico e as rúas son estreitas e pendentes. Comemos alí e logo subimos ao miradoiro para ver a paisaxe. Foi unha parada cunha paisaxe que era moi bonita.

Volta a casa

E alí retomamos a marcha de volta cara Galicia. Comentando todos a viaxe e cubrindo a unidade didáctica que nos proporcionaron os mestres.

A última parada foi no “Rei das Tartas”, xa en Galicia, onde descansamos uns minutos e retomamos forzas.

E chegamos a Vigo, todos cun sorriso na cara, porque realmente foi unha grande experiencia e un ameno e aproveitado viaxe, desexando que pase un ano e poidamos disfrutar do que está programado para o curso 2007-08.

Clara e Gorka, 2º ESO


Portada