
(04-12-2008) El martes día 2 de diciembre los alumnos de 3º ESO C vistamos la exposición SCRIPTORIUM VERBUMIENSE en la Casa de las Palabras -Verbum [Máis]
(20-11-2008) Los días 18 y 20 de Noviembre nos ha visitado el mago Matt y hemos asistido a diferentes espectáculos de magia en inglés. [Máis]
(17-11-2008) Os alumnos de 4º B e 4º C de E.S.O. no mes de Outubro participaron nunha actividade conxunta con 1º e 2º ciclo de Primaria,e algunha clase de Infantil. Por grupos ,prepararon unha pequena dramatización para representar diante dos pequenos do cole.A actividade foi preparada con moito cariño e aquí podedes ler as súas experiencias. [Máis]
(17-11-2008) Desde el 7 al 13 de Noviembre hemos recibido en Vigo a nuestros socios europeos del Proyecto Comenius.Durante estos días se ha programado el trabajo a realizar en este curso además de acompañar a nuestros visitantes a diversos lugares característicos de nuestra ciudad como el puerto de Vigo o la fábrica de automóviles Citroën.En el documento siguiente puedes acceder a la información de nuestro proyecto desde su inicio. [Máis]
(14-11-2008) En nuestra primera salida cultural, los alumnos de 3º ESO visitamos el monte Santa Tecla y la villa de Tui. [Máis]
(11-11-2008) O día 28 de Octubro os alumnos de 4º de ESO fomos de saída cultural á provincia de Ourense. [Máis]
(02-06-2008) Esta viaxe realizouse os días 28 e 29 de abril de 2008. [Máis]
(19-06-2007) Se trata de un proyecto de integración de las tecnologías en el aula [Máis]
(11-05-2007) Viaxe a Asturias de 1º ciclo ESO, os días 26 e 27 de abril 2007 [Máis]
(01-11-2006) Mira las fotos de la actividad. [Máis]
17/11/2008. Os alumnos de 4º B e 4º C de E.S.O. no mes de Outubro participaron nunha actividade conxunta con 1º e 2º ciclo de Primaria,e algunha clase de Infantil. Por grupos ,prepararon unha pequena dramatización para representar diante dos pequenos do cole.A actividade foi preparada con moito cariño e aquí podedes ler as súas experiencias.
A terceira hora chamaronnos para ir a facer a obra ós nenos pequenos de primaria. Iamos andando polo corredor de E. Primaria cando entramos a clase de 4ºC.
Entramos, e tódolos nenos nos saudaron, colocámonos na pizarra e presentámonos; os nenos escoitaban moi interesados, despois de presentarnos e cantar a canción, preguntámoslles que sabían de halloween, que eran as bruxas, as pantasmas,…
Eu creo que iso foi a que mais lles gustou.
Logo lles dixemos: Si vós forades ás casa, que preguntariades?,
Eles dixeron: ¡Truco ou trato!
E entón nós lles dimos doces. Felices, amosaban as mans para que lles deramos máis.
Logo, noutra clase fixemos o mesmo e eles nos agasallaron nós cunhas cabazas acesas.
Cando terminou todo, queriamos volvelo facer de novo, aínda que hai que dicir que ó principio, tiñamos un pouco de vergoña.
Ó día 30 de outubro o curso de 4º da ESO fumos ás clases de primaria e infantil para realizar unha obra de teatro para conmemorar ó día dos difuntos.
Dúas semanas antes, preparamos o que tíñamos que representar. Para iso, dividimosnos en grupos, e cada un, preparou da maneria que considerou mellor, a interpretación.
Os nenos tivéronse que aprender unha cantiga en inglés e, cada un de nós, facía un personaxe que aparecía na cantiga. Os personaxes que intervían eran: o gato, o monstruo verde, a pantasma e a meiga.
Finalizada a representación entregamos caramelos a tódolos nenos.
Definitivamente, foi un gran día no que os nenos aprenderon a ver a asignatura de inglés, de maneira fácil e divertida.
O xoves 30 de outubro, varios grupos formados por cinco ou seis persoas realizamos unha actividade para os nenos do primeiro e do segundo ciclo de primaria. Consistiu nunha explicación didáctica do que era halloween, a súa orixe, que se facía… Estivemos durante unha semana preparando o que íamos dicir, quen ía a ser cada personaxe (a pantasma, a cabaza, o gato negro, a bruxa… ), para que o resultado fora óptimo. Os nenos tiñan aprendida unha canción titulada “Halloween colours” que sempre nos cantaban ao remate da actividade, cando nós como despedida dábamoslles o “trato” (caramelos). Tamén, algúns grupos puidemos propor certos xogos para facer con eles. Durou pouco pero eu creo que foi unha experiencia moi positiva xa que os nenos pasábano moi ben, pero o mesmo tempo atendían a todo o que lles dicíamos.
Esta actividade realizouse no día de Halloween, pero xa estaba planeada con varios días de antelación, durante eses días a xente que ía participar, preparou a tarefa formando grupos de persoas voluntarias. O día seguinte a profesora propuxo unha canción que teriamos que aprender.
Os alumnos que non participaban, colaboraban facendo adornos de papel e colgandoos na clase. Ou día da actuación os diversos grupos baixaron a Educación primaria ou infantil, e fixeron unha obra na cal dicían o que era halloween e a súa historia. Cada un tiña un personaxe e un nome. Os personaxes podían ser: GATO NEGRO, PANTASMA BRANCA, BRUXA, CABAZA, e unha compañeira ata de DRÁCULA. Un grupo planificouno moi ben, e ata ían disfrazadas ás clases. A finalidade desta tarefa era explicar en inglés ou que era halloween. A miña valoración sobre esta actividade é bastante boa, xa que actuaban e falaban en inglés. Aínda que cabe destacar que podíase ter mellorado a actuación, se cada grupo fose disfrazado do perxonaxe que lle correspondía para facer que os nenos e nenas se entretivesen máis. En resumo, foi unha actividade moi dinámica e entretida para os nenos e nenas.
O 31 de Outubro é Halloween, polo que no noso centro, o xoves 30, os alumnos de 4ª da ESO, realizamos unha actividade relacionada con Halloween para os nenos de primaria.
Ao noso grupo, tocounos as clases de 4º e 1º de primaria, onde realizamos unha actividade con estes en inglés. Contámoslles unha pequena historia de presentación en inglés e logo a canción de “Halloween colours”, explicámoslles, esto en castelán, en que consiste o Halloween. Repartimos uns caramelos, que os nenos e máis nós comemos con moito agrado.
Despois de realizar esta actividade nas dúas clases o mellor que puidemos, voltamos á clase; era moi gracioso ver aos nosos compañeiros vestidos de Halloween, con cabazas, falando cos nenos, e vendo como todos rían, á vez que a aprendiamos,mais non só eles, tamén nós.
Antes de realizar esta actividade, cabía esperar, unha gran preparación. Levabamos varias semanas, recopilando información, preparando os discursos ou as caretas. As caretas fixémolas en cartón reciclado o mellor que puidemos, ademais, puxémoslles os nomes para que entendesen mellor que personaxe eramos. En canto os diálogos, estivemos preparando entre todos os membros do grupo, pois tiña que ser ameno e máis fácil de entender.
Na miña opinión, isto é un traballo, que se o realizamos ben e con cariño, tal e como o fixemos, pode ser moi productivo, tanto para nós como para os nenos. Pois sempre é bo practicar outra lingua que non sexa a nosa, en especial o inglés. Por iso, opino que debería haber máis destas actividades e con maior preparación, e non só en inglés, senón tamén en francés.
Nas clases de inglés estivemos preparando cabazas de papel para colgar na clase e unha mini obra para actuar diante dos nenos pequenos de 1º, 2º, 3º e ata 4º de primaria.
Tivemos que facer un debuxo do noso personaxe, una cabaza, un gato negro, un monstruo e unha pantasma.
Despois de que os nenos xunto con nós cantarmos unha canción tivemos que explicarlles que era o Halloween, a súa orixe, que é o truco e trato…
Pareceume unha boa actividade porque é diferente e ademáis os nenos pudieron aprender que é o Halloween.