Certificado ISO 9001 por BVQI

Na mesma sección

Reunión do proxecto COMENIUS en Vigo

(12-11-2008) Dende o derradeiro 7 de Novembro ata o 12 , no Colexio estamos a programa-lo traballo para o proxecto Comenius: Os portos: un lugar, uns homes unha fonte de inspiración. [Máis]

Reunión do proxecto COMENIUS en Vigo

(18-06-2008) Clic para descargar el documento... [Máis]

Cronicas del intercambio

(11-04-2008) En la página de Miralba-Europa podéis leer las impresiones de los alumnos y alumnas que visitaron Raalte, en el marco del programa de intercambio del curso 2007-2008. [Máis]

Presentamos Librozapping

(01-02-2008) Proyecto que combina TIC y lectura, realizado desde el área de lengua en 2º de ESO [Máis]

Premiados por "O día de Europa"

(19-11-2007) Un DVD do colexio gaña o premio "O Día de Europa no teu colexio" convocado pola FERE. [Máis]

Inauguración do curso

(08-10-2007) Fotos dos actos de inauguración do curso 2007-2008 [Máis]

Fotos das festas 2007

(04-06-2007) Fotos das Festas do 2007 [Máis]

Sorteo de Proxecto Solidario 2007

(25-05-2007) Podes comprobar se tes conseguido premio. [Máis]

Informacións respecto ás solicitudes de admisión de alumnos para o curso 2007-08

(30-03-2007) Lexislación aplicable, calendario, documentación que se ten que presentar e outras informacións útiles. A partires do día 10 de abril poden recoller as solicitudes na recepción do colexio de 8 da mañá a 8 da tarde. A entrega faise en Secretaría de 10 a 12 da mañá e de 4 a 5:30 da tarde. [Máis]

Concerto Semana da Música

(11-12-2006) Descarga as cancións ou suscríbete ó podcast [Máis]

[Arquivo]

Informacións respecto ás solicitudes de admisión de alumnos para o curso 2007-08

30/03/2007. Lexislación aplicable, calendario, documentación que se ten que presentar e outras informacións útiles. A partires do día 10 de abril poden recoller as solicitudes na recepción do colexio de 8 da mañá a 8 da tarde. A entrega faise en Secretaría de 10 a 12 da mañá e de 4 a 5:30 da tarde.

Normativa reguladora do proceso de admisión

  • LODE: Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación.
  • LOE: Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Decreto 30/2007, do 15 de marzo, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 17 de marzo de 2007 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos.

Área de influencia do Colexio Miralba

Zona nº 8: comprende dende o límite da vía Hispanidade e la baixada do Castaño ata a rúa A Paz, Peniche, López Mora e Travesas, seguida da avenida de Castrelos e Corredoira de Valadares ata o límite con esta parroquia, e incluíndo nesta zona a Parroquia de Castrelos e a barriada ou lugar de Carneiras – Matamá.

Nota Informativa

Artígo 12 da orde: será ineficaz a solicitude presentada nos seguintes casos:
Cando se presente máis dunha solicitude para unha mesma ensinanza no mesmo centro ou en centros diferentes.
Cando se comprobe a falsedade ou uso fraudulento da documentación entregada polo interesado ou interesada.

Prazos para o curso 2007-2008

DataFase
30 de marzo.Sorteo para caso de desempate realizado pola Consellería
10 de abrilPublicación de vacantes
do 10 ao 30 de abrilPresentación de solicitudes
2 de maioPublicación no taboleiro se hai máis solicitudes que prazas
do 2 ao 18 de maioPresentación de documentación
28 de maioReunión do Consello Escolar
30 de maioPublicación de listas provisionais
do 30 de maio ao 6 de xuñoPeríodo de reclamación
13 de xuñoPublicación de listados definitivos

Prazos matricula

do 20 ao 30 de xuñoEI e EP
do 25 de xuño ao 10 de xulloESO

Documentáción

1º Prazo, 10-30 de abril:

  • Solicitude debidamente cumprimentada e asinada e fotocopia da mesma (no caso das autorizacións para a comprobación da renda deben ser asinadas na solicitude por ambos pais ou titores legais).
  • Documento oficial que certifique a idade do neno/a (por exemplo fotocopia da súa páxina do libro de familia, dni,…), para o caso de solicitantes para educación infantil ou certificado do curso que está realizando do colexio no que está actualmente matriculado, para o resto de solicitantes.

2º Prazo, 2-18 de maio: (só naqueles cursos en que haxa máis solicitudes que prazas ofertadas)

  • Fotocopia da solicitude selada e con nº de entrada de rexistro.
  • Domicilio familiar: Padrón da unidade familiar ou, excepcionalmente para aqueles que os nenos/as convivan con outros familiares, padrón a nome do neno/a. Terminado este prazo, se non coincidise o domicilio do padrón co domicilio fiscal, terán que presentar no momento que se lle solicite: orixinal e copia da escritura de compraventa ou orixinal e fotocopia do contrato de aluguer, e o contrato de alta nalgún dos servizos de luz, auga ou gas.
  • Domicilio laboral:
    • Traballadores por conta allea: certificado do titular da empresa conforme é traballador da mesma e ubicación física da mesma e orixinal e copia do contrato de traballo.
    • Traballadores por conta propia: Orixinal e copia do alta censal inicial na Axencia tributaria coas posibles modificacións posteriores e alta na TGSS.
    • Funcionarios: certificación da jefatura de persoal.
  • Renda:
    • No caso de separación legal, divorcio, nulidad ou non vínculo: orixinal e copia da sentenza ou do libro de familia, segundo o caso.
    • A posteriori: se a Facenda non lle constan os datos, pedirase calquera documento oficial de haberes.
  • Irmáns no Centro: fotocopia e orixinal do libro de familia completo e certificación facilitada polo Centro.
  • *Fillos de traballadores do Centro: *
    • Profesores: certificación de RET con visado da inspección.
    • PAS: certificación de RET e orixinal e copia do contrato de traballo.
  • Irmáns de partos múltiples: orixinal e copia do libro de familia das páxinas dos solicitantes.
  • Discapacidade: Orixinal e copia do certificado do organismo oficial de polo menos un 33% de minusvalía do solicitante, pais ou irmáns do mesmo, segundo o caso.
  • Familia Numerosa: orixinal e copia do título de familia numerosa en vigor.
  • Solicitudes de alumnos/as con NEE: acreditación documental de discapacidade física, sensorial ou psiquica, de sobredotación intelectual ou de trastornos graves da conduta ou documento do servizo social do concello en caso de atoparse en situación desfavorecida como consecuencia de factores sociais, económicos ou culturais.

Portada