
(17-11-2008) Desde el 7 al 13 de Noviembre hemos recibido en Vigo a nuestros socios europeos del Proyecto Comenius.Durante estos días se ha programado el trabajo a realizar en este curso además de acompañar a nuestros visitantes a diversos lugares característicos de nuestra ciudad como el puerto de Vigo o la fábrica de automóviles Citroën.En el documento siguiente puedes acceder a la información de nuestro proyecto desde su inicio. [Máis]
(14-02-2005) Dende o ano 2000 unha pequena comunidade das Fillas de Xesús, que reside en Cebú, traballa en colaboración con outras Congregacións Relixiosas coas familias do vertedoiro da cidade. O Proxecto, chamado Inayawan (o nome do lugar) proponse sacar da miseria na que viven –nos vertedoiros– a moitas familias. [Máis]
(20-09-2004) Dende fai varios cursos estamos a traballar no colexio no ámbito europeo. Estamos convencidos de que é unha necesidade ineludible poñérmonos en contacto con outras realidades europeas, outros xeitos de traballar para podermos intercambiar cultura e experiencia. [Máis]
14/02/2005. Dende o ano 2000 unha pequena comunidade das Fillas de Xesús, que reside en Cebú, traballa en colaboración con outras Congregacións Relixiosas coas familias do vertedoiro da cidade. O Proxecto, chamado Inayawan (o nome do lugar) proponse sacar da miseria na que viven –nos vertedoiros– a moitas familias.
As relixiosas traballan con 25 familias compostas, polo xeral, de oito membros, que viven nas proximidades do vertedorio nun terreo adquirido polo proxecto en casas e chabolas de madeira. Todas estas familias traballan no lixo dende as seis da mañá ata a derradeira viaaxe dos camións, normalmente á media noite.
Calquera cousa que atopen a levan a casa para usar ou comer, ou para limpala un pouco (no caso de zapatos, bolsos e outros) e vendelo no mercado para que a xente da montaña ou do campo a poida mercar ó prexo que poida pagar.
Non dispoñen dos servizos básicos: alcantarillado, auga corrente, utensilios e productos de limpeza…
Estas condicións unidas á falta de alimentación é a inxesta de alimentos contaminados fan que a poboación padeza moitas enfermidades.
Non dispoñen dun dispensario para primeiros auxilios. É un verdadeiro problema lograr que se atende e ingresen os seus enfermos nun Hospital ou nas clínicas da cidade polo rexeite tan forte que se ten a estas persoas. A súa presenza considérase unha "ameaza" para outros pacentes.
Que estes nenos poidan asistir con normalidad a escola para capacitarense para se integrar na sociedade e atopar un traballo máis digno
6.200 euros
Agradecemola colaboración das seguintes empresas na realización das actividades relacionadas con este proxecto.