zoom

Enlaces

Temas

Búsquedas


Titulares

Día das Letras Galegas

Desde o 17 de maio de 1963 celebramos un ano mais con ledicia e con agarimo a festa das nosas “letras”. Escolleuse a data do 17 de Maio no 1963 como dia das Letras Galegas co gallo do centenário da...

Desde o 17 de maio de 1963 celebramos un ano mais con ledicia e con agarimo a festa das nosas “letras”.
Escolleuse a data do 17 de Maio no 1963 como dia das Letras Galegas co gallo do centenário da publicación, en Vigo, do libro de Rosalía de Castro: Cantares Galegos. Como é de supoñer ese primeiro ano de celebración adicouselle a Rosalía. Desde entón cada ano hónrase dun xeito especial a unha persoa; que a través das súas obras, fixo unha loubanza da nosa língua e da nosa cultura.
Este ano o homenaxeado é Ramón Piñeiro. Ramón Piñeiro naceu no concello de Láncara, Lugo, en Maio de 1915.
Estudiou bacharelato en Lugo. En Santiago de Compostela cursou os primeiros cursos da carreira de Filosofía e Letras que rematou en Madrid.
En 1950 fundou en Santiago a Editorial Galaxia, da que sería o seu director literario. No 1952 casou con Isabel López García. Pola súa casa da rúa Xelmirez, pasarían durante décadas moitos rapaces com inquietudes culturais e políticas. Creou a revista literaria Grial. Nesta revista publicou no 1951 o “Significado metafísico da saudade”. No 1967 ingresa na Real Academia Galega co importante discurso “A linguaxe i as lingoas”. Escribiu varios traballos sobre a saudade destacando o libro filosofía da saudade. En 1983 foi elixido presidente do primeiro Consello da Cultura Galega, cargo que ocuparía ata o seu pasamento en 1990. Foi pioneiro na traducción de obras doutras linguas ó galego. Destaca en toda a súa obra a dignificación do noso idioma.
Falemos o galego con respecto. Ensinémosllo ós nosos herdeiros con tenrura, para que a nosa lingua siga viva no noso pobo “mil primaveras máis”.
Margarita Fernández.

Se queredes máis información entrade na páxina RAG

Publicado en Primaria, el día 18 de Mayo de 2009 | Enlace permanente

Comentarios