img_20171118_124959.jpg

Compromiso ecolóxico. Imos plantar un bosque.

No colexio Miralba este  curso temos un obxectivo moi presente “ dar impulso e mellora ao noso compromiso ecolóxico”.

Comezamos completando o ciclo da recollida selectiva de residuos nas aulas, levándoos aos diferentes colectores situados na rúa Regueiro e realizando unha megafonía mensual na que se pretende motivar a todos os compoñentes da comunidade educativa  a que fagan unha actualización dese compromiso.

E agora temos en marcha un novo proxecto para Infantil e Primaria, “IMOS PLANTAR UN BOSQUE”. Neste reto traballaremos en colaboración coa Comunidade de Montes de Matamá.

Levamos xa catro anos en 4º de Primaria, cun proxecto en común coa Comunidade Montes de Vigo. A actividade consiste en facer un percorrido didáctico polo Parque Forestal que nos adxudiquen e aprender a plantar árbores da especie coa que o están repoboando. Logo, na excursión de fin de curso, os nenos volven ao monte onde plantaron para comprobar como evoluciona o seu traballo e disfrutar do entorno cunha serie de actividades de lecer. Deste xeito pretendemos que valoren a importancia dos nosos montes.

Desta relación xurdiron unha serie de amizades e contacto permanente con algúns dos presidentes dalgunha das Comunidades. Entre elas con Indalecio, o presidente da Comunidade de Montes de Matamá.

Como sabedes , esta parroquia sufriu as consecuencias dos incendios de outubro e decidiron buscar unha solución para o monte queimado. Fixeron un chamamento aos seus contactos. Necesitan colaboradores para crear un novo bosque. E aí entramos nós, o Colexio Miralba, como un deses colaboradores.

Para levar á cabo esta colaboración disporemos dunha serie de bandexas facilitadas pola Comunidade de Montes nas que plantaremos landras, sementes de carballo. Teremos que coidalas ata o 2019, ano no que a Comunidade de Montes recollerá as árbores que sairon adiante, para plantalas no monte xa recuperado do incendio. 

Os nenos están moi motivados e contentos de poder participar neste importante proxecto, que estimula aínda máis a súa conciencia ecolóxica. Na casa podedes facer a vosa plantación seguindo os consellos do seguinte video

 

Noticias

Noticias.png

Lo que pasa en Miralba, noticias de la vida cotidiana del colegio

IMG_8951-2015-02-10-20-57-22.JPG

En este canal se publican las noticias de la vida cotidiana del colegio.