Neste mes de maio os nosos mediáticos colaboradores presentan a celebración do "Día Mundial do Medio Ambiente" e lémbrannos como podemos colaborar para ter un planeta mellor. Non esquecen que xa temos aí as Festas colexiais e que o noso patio forma parte dese entorno que debemos coidar. Nesta publicación atoparedes enlaces a medios de comunicación que abordan o problema da contaminación e o medio ambiente.
NOA: ¡Ola Farruquiño! ¿Que traes aí?
FARRUCO: ¡Ola Noa! Traio un cartel que anuncia o “Día Mundial do Medio Ambiente”.
NOA: Parece, amigo meu, que segues coa túa investigación.
FARRUCO: Pois claro, Noa ¿E ti, non estás tamén a investigar sobre o coidado do planeta? Lembra que o pasado 22 de abril, fuches ti a que me recordaches que se celebra en moitos países o “Día da Terra”
NOA: Sí Farruco, tes moita razón. Eu tamén ando ás voltas con esto da “conciencia ecolóxica” e co compromiso que temos co noso fogar o planeta Terra.
FARRUCO: O vindeiro 5 de xuño, celébrase o “Día Mundial do Medio Ambiente”, o día do noso gran compromiso. Fíxate Noa, aquí, neste cartel faise un chamamento a toda a humanidade para que se cambie a actitude sobre temas ambientais, o que implica cambiar os nosos hábitos de consumo. Leva celebrándose desde 1973, ¡45 anos xa!
NOA: Eu tamén lin que foi a Asamblea das Nacións Unidas a que o proclamou coa finalidade de sensibilizar ao ser humano en temas ambientais e influir nos gobernantes dos países para xerar cambios na política medio ambiental.
FARRUCO.: Pero independientemente da acción política dos países, a poboación, é a principal interesada en respectar e facer que se respecte ao medio ambiente.
NOA: Claro, Farruco. Por eso os esforzos do Día Mundial do Medio Ambiente céntranse en motivar ás persoas para que nos convirtamos en axentes activos dese cambio de actitude hacia temas ambientais.
FARRUCO: Cada ano un país convértese en anfitrión, é dicir, en encargado de organizar os eventos e as actividades : concertos, campañas de limpeza e reciclaxe, conferencias, ... ¿Sabes Noa, que España foi anfitriona desta celebración no ano 2004?
NOA: Sei, Farruco. E tamén sei, ainda que eu non nacera, que o lema que xerou toda a celebración tiña por título : “¡Se buscan! Mares y Océanos - ¿Vivos o Muertos?
FARRUCO: Pois este ano 2018, o país anfitrión é a India. Todo o mundo estará unido baixo o lema : “ Un planeta , Sin Contaminación por plásticos”. A campaña fai unha chamada aos gobernos, industrias e persoas para que nos unamos na reducción urxente da produción e uso excesivo de plásticos dun só uso , que contaminan os nosos océanos, agreden a vida mariña e ameazan a saúde humana.
( Música : La Tierra tiene... ( Bebe)
" target="_blank">
FARRUCO: Coido querida Noa que sería importante dar unhas sinxelas pautas para saber como podemos nós convertirnos en persoas cívicas e solidarias co medio ambiente. NOA: Claro que sí Farruco, faise necesario que cada un de nós aportemos o noso gran de area para tratar de conservar o planeta nas mellores condicións posibles. Así que imos dar catro pautas básicas. A primeira: ¡¡¡ Reducir!!!, non malgastar recursos. FARRUCO : Esto implica reducir, por exemplo, o consumo de auga, luz, papel, plásticos, envases de aluminio, ... usar o transporte público, o uso da bici, ou o coche de San Fernando : “un pouquiño a pé e outro pouquiño andando”!... NOA: A segunda : ¡¡¡Reutilizar!!! Todo o que se poida. FARRUCO : Esto podemos conseguilo reutilizando o papel, os envases, tanto plásticos como de cristal, ter bolsas de tea para ir á compra....darlle unha segunda vida a moita da roupa e calzado que tiramos,... NOA: A terceira pauta é ¡¡¡Reciclar!!! FARRUCO: Para acadalo separaremos os residuos para a súa recollida selectiva, pero non só no colexio, tamén na casa. E levar ao punto limpo da cidade baterías, electrodomésticos, cargadores, .... NOA: E a cuarta pauta é utilizar tecnoloxías respectuosas co medio ambiente e coas persoas. FARRUCO: Pois temos que evitar aerosoles, e usar electrodomésticos eficientes, de baixo consumo e pouca contaminación. E por suposto non usar electrodomésticos innecesarios, como abrelatas eléctricos , cepillos de dentes eléctricos, etcétera,... ( Música : Vamos a reciclar...)
NOA: Pois xa sabes, ti, que nos estás a escoitar, ti, membro da comunidade Miralba, ti, cidadán do mundo, ¡¡¡tes un compromiso co planeta!!!! FARRUCO : A Terra estache berrando, está a pedir que a cuides, que a protexas, que sigas facendo dela o “lugar mais bonito e habitable do Universo”. NOA: Lembra esto. Así que cando saias hoxe ao patio, busca unha papeleira e tira aí o lixo que xeras coa túa merenda. FARRUCO: E fai o mesmo esteas onde esteas, usa as papeleiras, e separa os residuos. Só con ese pequeno xesto, xa estás a facer moito. NOA: ¡Ah! Escoitade todos e todas, están a puntiño de chegar as festas do colexio. É un bo momento para demostrar o cambio na nosa conciencia ecolóxica. FARRUCO: ¡Claro, Noa! Nas festas xeramos moitos residuos. Teremos que buscar as papeleiras e recipientes que se poñan no patio, para poder botar neles os desperdicios, e que non anden polo chan. Demostra que todo este esforzo, pagou a pena. NOA: E lembra, podes informarte máis sobre a contaminación dos plásticos no mundo, visitando a páxina web do cole. Xunto co texto das nosas paroladas tes enlaces a vídeos, a outras páxinas web, onde poderás comprobar que estamos a falar dun grave problema para o planeta, é dicir, para nós. FARRUCO : Recordamos a Infantil e Primaria, que no recreo, como todos os mércores farase a recollida selectiva de lixo. Agradecemos que poñades fóra da clase as caixas co papel e cartón, e levedes o plástico ás papeleiras colectivas. NOA: Rapaces e mestres, ata o vindeiro mes de xuño, no que voltarán a estar con vós… NOA E FARRUCO: Noa e Farruco. Nas seguintes direccións poderás seguir afondando no coñecemento do grave problema do que estamos a falar desde este espacio de Compromiso Ecolóxico ONU la voz de Galicia: Faro de Vigo: el Pais: https://elpais.com/elpais/2018/05/04/planeta_futuro/1525430276_043703.html Greenpeace