img_1290.JPG

Compromiso ecolóxico. Mensaxe de Noa e Farruco en Xuño

Noa e Farruco despídense de nós por este curso 2017/18 polo que o colexio Miralba failles entrega dun diploma no que lles agradecemos o seu compromiso con este proxecto. Pero antes de marchar comparten con nós un decálogo de conducta ecolóxica e invitánnos a ver uns videos. 

NOA ( LISA) : ¡Bos días Farruco! ¡Vaia careto que traes hoxe! Parece que estás de funeral.

FARRUCO ( ADRIÁN) : ¡Ola Noa! Traio careto, traio! E non veño vestido de negro, porque é unha cor que non me favorece nada, que se non, de negro viña.

NOA (LISA): ¿E logo? ¿Que che pasa?

FARRUCO(ADRIÁN): Pois verás Noa, estou triste porque hoxe é o último día para comentar cos rapaces e mestres as nosas investigacións sobre o coidado do medio ambiente.

NOA(LISA): Bueno home, tampouco é para poñerse así. Hoxe en día o que ten interese en mellorar os seus hábitos ecolóxicos, non precisa de nós, con consultar en internet, xa ten cantidade de información para dar o cambio actitudinal.

FARRUCO ( FABIO) : ¡Ola rapaces!, ¡Xa chegamos!

NOA (RAQUEL): ¡Ola Noa, Ola Farruco!

FARRUCO( ADRIÁN): ¡ Ola!¡ Sentádevos aquí con nós!

NOA(LISA) : Sí sentade Noa e Farruco, que temos aquí a este Farruquiño moi triste!

FARRUCO( ADRIÁN): Vaia liada han ter os rapaces con este lío de nomes repetidos!!!

NOA ( LISA) : É verdade!! Teremos que explicar o que pasa aquí hoxe.

FARRUCO ( FABIO) : Pois veredes rapaces. Somos catro compañeiros de 6º que ao longo do curso fomos turnándonos para que Noa e Farruco chegaran ata vós.

NOA ( RAQUEL) : Por eso hai dúas Noas e dous Farrucos. E como hoxe é o último día deste curso da megafonía de “Compromiso ecolóxico”, pois queriamos estar os catro.

FARRUCO (ADRIÁN): Eso, como é, por desgracia a última, ...( voz triste)

TODOS( LISA, FABIO E RAQUEL) : ¡ Paaara, ufffffff!!

NOA(LISA) : Xa está ben de choromicar, Farruco!!!

FARRUCO (ADRIÁN): ¡¡Vaaale, disculpas!!! Pois dicía que como é a última, acordamos en dar uns consellos de cara ao verán, para seguir intentando cambiar conciencias.

NOA (RAQUEL): E esos consellos os imos dar en forma de decálogo.

FARRUCO( FABIO) : ¡O noso decálogo, da conducta ecolóxica!

NOA( LISA): Este decálogo o poderedes consultar na páxina web do cole, xunto con outras informacións que acompañan sempre ás nosas paroladas.

FARUCOS ( OS DOUS) : ¿ Imos logo?

NOAS ( AS DÚAS) : ¡Imos !!

FARRUCO ( ADRIÁN): Aínda que sexa verán, reduce, reutiliza e recicla sen parar.

NOA ( LISA): Se ao monte vas disfrutar, recolle o teu lixo antes de marchar.

FARRUCO (FABIO): E se á praia te vas bañar, nos tires na area o que ti non queiras atopar.

NOA ( RAQUEL): Apaga luces que non vas necesitar, e non deixes aparatos en Stand-bay

FARRUCO ( ADRIÁN): Bebe auga fresca se estás acalorado, evita acender na casa o aire acondicionado.

NOA( LISA): Leva as túas propias bolsas cando vaias mercar, para a mercancía poder cargar, e menos plásticos utilizar.

FARRUCO(FABIO): Usa moito o coche de San Fernando, xa sabes..., un pouquiño a pé e outro chisco andando.

NOA(RAQUEL): Ducharse é necesario, e máis no verán, pero pecha a billa se te estás a enxabonar.

FARRUCO( ADRIÁN): Abre poucas veces o frigorífico, para consumir pouca corriente e que non se estropee o leite e o chourizo.

NOA(LISA): Lembra que o ruído contamina, non berres pola rúa, non berres polo campo, non berres no teu día a día.

FARRUCO( ADRIÁN) : Dígovos unha cousa, eu síntome moi satisfeito por poder achegar a toda a familia Miralba estes consellos de mellora, e intentar levar á cabo entre todos un Compromiso ecolóxico.

NOA(LISA) : Eu tamén quero engadir que para min foi un pracer participar deste proxecto e dicirvos que os meus hábitos ecolóxicos e os da miña familia están mellorando día a día.

FARRUCO( FABIO): É verdade, síntome igual que vós, e ademais coido que a nosa misión, a de cada un dos integrantes da Comunidade do colexio Miralba, non acaba na megafonía, nin nas actividades do cole, ten que chegar a todos os ámbitos da nosa vida cotiá.

NOA( RAQUEL) :Totalmente de acordo con vós compañeiros. Eu síntome feliz coa esperanza de ter espertado a conciencia ecolóxica dalgúns membros da nosa comunidade educativa, aínda que só sexa dunha minoría. Queda moito camiño que percorrer, e nese camiño estamos todos chamados para que esa minoría acabe convencendo á maioría.

FARRUCO (ADRIÁN) : Coido que despois de ver o vídeo que se vai proxectar a continuación na clase, algúns empezarán a cambiarse ao bando dos convencidos, non vaia ser que Neptuno, o Deus dos Mares, o pille por banda este verán na praia.

https://m.youtube.com/watch?v=68YQ99d9AMI

NOAS: Rapaces e mestres, FELIZ e ECOLÓXICO VERÁN para todos.

FARRUCOS: Lembrade que : TEMOS UN COMPROMISO CO NOSO PLANETA.

https://m.youtube.com/watch?v=73sGgmZoMBQ&feature=youtu.be

O día do medio ambiente, o 5 de xuño, adicouse a evidenciar mundialmente a agresión que sufre o planeta polo abuso do plástico.

https://m.youtube.com/watch?feature=youtu.be&v=YE6wK0lDC3E

Noticias

Noticias.png

Lo que pasa en Miralba, noticias de la vida cotidiana del colegio

IMG_8951-2015-02-10-20-57-22.JPG

En este canal se publican las noticias de la vida cotidiana del colegio.