img_1290.JPG

“ COMPROMISO ECOLÓXICO”. Noa e Farruco

Noa e Farruco comparten a súa confianza no proxecto "imos plantar un bosque" e mostran a súa esperanza en que aumentemos o noso compromiso ecolóxico recollendo no patio, na casa, nas nosas vidas

NOA: ¡ Ola Farruquiño! ¡ Que contenta estou de ser alumna do colexio Miralba!

FARRUCO: ¡Arredemo Noa, vaia cambio!! Hai só uns días dicías que estabas farta de vir ao cole, con tantos controis e tanto que estudar, traballos por aquí e por alá, e bla, bla, bla,…

NOA: ¡Ai, Farruco!, eso é o normal, dar queixas do traballo. Tamén o fan os maiores.

FARRUCO: Bueno, bueno, Noa, a ver, ¿a que se debe ese cambio tan espectacular?

NOA: Pois débese a algo moi importante que estamos a facer os alumnos de Infantil e Primaria do cole... ¿De verdade que non caes na conta do que é, Farruquiño?

FARRUCO: Xa estás ti amolando, cos teus xogos de adiviñas, Noa. Xa sabes que eu son moi inocente para eses xogos de adiviñar!!

NOA: ¡¡¡Ai!!! . Tés razón Farruco. ¡¡ A veeerrr!! Acaso non es consciente de que estamos a colaborar coa Comunidade de Montes de Matamá, montando un viveiro de carballos?

FARRUCO: Home sí, claro que sí, ¿como non vou ser consciente deso, co importante que é?

NOA: Fíxate Farruco, dentro de dous anos, cun pouco de sorte, teremos unha morea de árbores que se plantarán nos montes que arderon en Matamá!!

FARRUCO: Iso é Noa, alá por decembro do 2019, esas árbores estarán poboando os montes da nosa cidade, e nós estaremos orgullosos de ter colaborado nesa recuperación.

NOA: ¿ Teño ou non teño motivos par estar orgullosa de pertencer a unha comunidade educativa tan ecolóxica?

FARRUCO: Temos Noa, temos,….

" target="_blank">

FARRUCO: Ben compañeiros, de seguro que xa vos destes conta que nas clases estamos a facer a recollida selectiva de papel, de cartón e plásticos, para poder levala aos colectores da rúa Regueiro, cada semana.

NOA: Sí, en todas as clases hai 3 recipientes para a recollida selectiva, e logo nos corredores hai recipientes de recollida colectiva.

FARRUCO: Todos temos nos corredores ou nas aulas un carteis informativos de como separar os resíduos. Agora só queda coidar tamén do patio. Imos intentar que despois de xogar no recreo, non quede lixo no chan, porque temos unhas fermosas papeleiras para botar nelas os desperdicios das merendas.

NOA: E por suposto, a recollida selectiva de lixo teremos que facela tamén na casa. E incluso debería ser a nosa tarefa diaria, o noso compromiso familiar.

FARRUCO : ¡Que ben Noa!, xa me estou imaxinando a toda a comunidade do colexio Miralba , como abandeirados do Medio Ambiente.

NOA: Pois entón teremos que seguir loitando desde a megafonía, para poder conseguilo. Así que …rapaces e mestres, ¡ Bo NADAL! E ata o vindeiro mes de xaneiro, no que voltarán a estar con vós…

NOA E FARRUCO: Noa e Farruco.

Noticias

Noticias.png

Lo que pasa en Miralba, noticias de la vida cotidiana del colegio

IMG_8951-2015-02-10-20-57-22.JPG

En este canal se publican las noticias de la vida cotidiana del colegio.