img_1290.JPG

Compromiso ecolóxico: Noa e Farruco. Mensaxe de febreiro

Noa e Farruco están a preparar o entroido e comparten con nós a súas inquedanzas. Na galería fotográfica podemos ver as novas árbores, carballos, que agromaron na plantación do cole.

NOA: ¡ Ola Farruquiño! ¡Festa, festa!

FARRUCO: ¡Ola Noa! Xa estás ti pensando na festa!! Por certo, ¿a que festa te refires?

NOA: Farruco, estamos en febreiro, ¿a ti, que che parece?, ¿celebramos o San Xoan, o magosto, que celebramos???

FARRUCO: Arredemo Noa, estou tan metido na investigación que non me entero do que acontece ao redor. Coido que celebraremos en breve o Entroido, pois andamos ás voltas cos bailes e cos disfraces.

NOA: Menos mal , Farruco, ¡¡xa me estaba preocupando pola túa mente!!!

¡¡¡¡ Carnaval, carnaval, carnaval, te quierooo,!!! (Cantando)

FARRUCO: Por Deus Noa, non cantes mais, que logo non vai parar de chover e teremos o carnaval mollado.

NOA: Vale, vale..., nin que cantara tan mal. Por certo , ¿que queres dicir con eso de que estás metido de cheo na investigación? Estás traballando para o CSIC?

FARRUCO: Non muller non. Estou a investigar pola miña conta, sobre o que se pode facer para mellorar a calidade de vida e coidar o medio ambiente.

NOA: ¡¡¡ Pois sí que comezas ti o ano con propósitos de altura, Farruquiño!!!

FARRUCO: Ti xa sabes que cando me empeño en algo, vou a por todas.

NOA: Estás feito todo un científico, amigo meu...¿E que averiguaches Farruco?

FARRUCO.: Pois verás, Noa, hai infinidade de accións que se poden levar a cabo para protexer o medio ambiente. E tanto dá, que sexas un adulto como que sexas un cativo.

NOA: ¡ Conta, conta!!

FARRUCO: Pois por exemplo na miña casa xa conseguín que non quedase ningún aparato en stand bye, co piloto aceso, poñendo unhas regletas con interruptor. O meu pai xa non deixa a billa aberta cando se está a afeitar ou a lavar os dentes. Procuramos coller menos o coche e ir en autobús ou dando un paseo. Imos á compra co carriño ou cunhas bolsas de tea que temos para esa función..

NOA: Vaia Farruco non so investigas se non que o levas á práctica. A verdade que eu tamén o intento na miña casa, pero co meu irmán Pablo é imposible!!! Non pon ningún coidao en botar o lixo no recipiente correspondente. E eso que son eu a que se encarga de levar todo aos colectores da rúa ¡¡ Como para pedirlle que faga algo máis!!

FARRUCO: Por desgracia Noa, pablos hai moitos no mundo, e non me refiro ao nome, senon á actitude. E así está o planeta: cheo de lixo, cheo de fume, as augas contaminadas, ....Se non tomamos conciencia do importante que é REDUCIR consumo, REUTILIZAR todo aquelo que se poida, e RECICLAR o máis posible, acabaremos co planeta antes do que pensamos.

( Música : Vamos a reciclar para un planeta mejor)

FARRUCO: Estos días cos preparativos do Entroido temos que ter especial coidado en separar ben os residuos, para logo levalos aos seus colectores.

NOA: Na miña clase andivemos con plásticos e cartón e tivemos especial coidado en separarlos.

FARRUCO: Oes Noa, ¿sabes o que poderiamos facer?

NOA: A ver Farruco, ¿que estás argallando?

FARRUCO: Podemos lanzar un concurso para todo o alumnado do colexio Miralba.

NOA: ¿Un concurso de que, Farruco?

FARRUCO: Pois sería interesante elaborar un decálogo da conducta ecolóxica, que puidese ser levado á cabo tanto no colexio como coas nosas familias.

NOA: Paréceme moi interesante Farruco ¿E como o levariamos a cabo?

FARRUCO: Pois cando estea organizado pasarémoslles a información aos diferentes titores do cole, e logo o poremos publicado na páxina web.

NOA: Coido, que xa estamos tardando en facelo. A ver se de verdade nos concienciamos, e somos capaces de converternos nuns abandeirados da ecoloxía.

FARRUCO: Bueno Noa, temos que despedirnos por hoxe, pero seguiremos loitando polo medio ambiente desde esta megafonía. Así que …rapaces e mestres, ata o vindeiro mes de marzo, no que voltarán a estar con vós…

NOA E FARRUCO: Noa e Farruco.

Noticias

Noticias.png

Lo que pasa en Miralba, noticias de la vida cotidiana del colegio

IMG_8951-2015-02-10-20-57-22.JPG

En este canal se publican las noticias de la vida cotidiana del colegio.