img_1290.JPG

Compromiso ecolóxico: Noa e Farruco. Mensaxe de Marzo

Noa e Farruco comparten con todos nós a súa preocupación polo medio ambiente, reflexionan sobre as aportacións das árbores a un desenvolvemento sostible do planeta e lembran que o día 21 de marzo conmemórase o día mundial da árbore

NOA: ¡Ola Farruquiño! ¿Que traes aí?

FARRUCO: ¡Ola Noa! Mira, traio unha infografía sobre a dependencia que temos os seres humanos das árbores.

NOA: Bueno Farruco, e non só os humanos, supoño.

FARRUCO: Claro Noa, todos os seres terrestres que respiren o osíxeno da atmosfera, dependen das árbores.

NOA: Así que segues coa investigación. Vante contratar os do CSIC. A ver ¿ que di esa infografía Farruquiño.?

FARRUCO: Como xa sabes , miña amiga, a min gústame investigar sobre o noso planeta e o seu coidado. Pois mira, unha das cousas que di é que as árbores son os pulmóns do planeta xa que absorben o dióxido de carbono e producen osíxeno.

NOA: Eso estudámolo en Naturais. Chámase fotosíntese. E o fan as plantas para poder elaborar o seu alimento, grazas a luz do Sol e á clorofila.

FARRUCO: Atende Noa, mira o que di aquí: “ Necesítanse 22 árbores para cubrir as necesidades diarias de osíxeno de cada persoa.

NOA: ¡¡¡ Arredemo Farruco!!! Pois sí que tragamos osíxeno!!! E con todos os habitantes que somos no mundo!!!!! Non me extraña que os científicos se preocupen pola deforestación do planeta.

FARRUCO: Fíxate , aquí segue a dicirnos que cada español produce oito toneladas de dióxido de carbono ao ano. E unha árbore absorbe entre dez e trinta kilos de dióxido nese tempo.

NOA: Pois sí que temos un problema se non coidamos dos nosos bosques e se os gobernos locais e nacionais non tratan de implantar proxectos de reforestación. E ademais mira o que di: “As actividades humanas acaban con quince mil millóns de árbores ao ano.

FARRUCO.: Vaia animalada!!!! Por eso é vital que se lle adique un día especial ás árbores , para tratar de mentalizar da súa importancia a todos os habitantes do planeta.

NOA: Ese día está a piques de chegar Farruco. Será o vindeiro mércores, o día vinteún deste mes celebraremos o “Día Mundial da árbore”.

FARRUCO: O vinteún de marzo é o primeiro día do outono no hemisferio sur e o primeiro da primavera no hemisferio norte. Os estados membros da O N U en materia de Agricultura e Alimentación, elixiron en 1971  esta data para celebrar o “Día Forestal Mundial”.

NOA: Sabes Farruco, hai unhas semanas nun concurso de televisión fixeron a seguinte pregunta, a ver se ti sabes a resposta, “ ¿que país foi o primeiro en celebrar o día da árbore?”

FARRUCO: Claro que o sei Noa, nos te olvides que investigo en profundidade.

NOA: Pois, xa estás a tardar en dar a resposta, Farruco.

FARRUCO: Suecia foi o primeiro país en celebrar o Día da Árbore, no ano 1840. Os suecos consideraban de gran importancia os recursos forestais do país, e querían que os seus nenos aprenderan a coidar e conservar a natureza.

NOA: Tes razón Farruco, serías un concursante estupendo. Pero a ver se sabes contestar a esta outra pregunta , ¿onde se celebrou a primeira Festa da Árbore?

FARRUCO: Pois sí que me pillas, Noa. Eu teño o dato de Suecia, pero non teño outro dato ¡¡Conta, conta!!

NOA: Foi en España, Farruco, nunha localidade de Estremadura, que se chama “Villanueva de la Sierra”, no ano 1805. Seguen a celebrar esta festa cada ano desde aquela, e o fan o martes de Entroido. Fíxate se ten importancia esta festa que foi declarada “Ben de interese Cultural”, polo que se converteu nunha festa protexida.

FARRUCO: Arredemo, Noa. Ti tamén vas ser un novo contrato do CSIC. Non te quedas atrás.

NOA: Bueno, bueno, pura coincidencia... Eu tamén estou preocupada polo noso planeta, e en especial polos bosques, xa que son fonte de recursos como: alimentación, medicina, acubillo, auga, aire limpo,... Son protectores do solo e fundamentais para un desenvolvemento sostible na Terra.

FARRUCO: Sí Noa. E a pena é que están ameazados polas actividades humanas : extracción de madeira, agricultura, gandería e tamén da minería. E logo tamén pola construcción de encoros, estradas, pistas forestais, .... e por suposto polo cambio climático. E así, co paso do home polo planeta a metade dos bosques, que noutrora cubriron a Terra, xa desapareceron.

( Música :La Tierra tiene... Bebe)

" target="_blank">

FARRUCO: A vindeira semana realizaremos algunhas actividades relacionadas con esta celebración do “Día Mundial da árbore”, para agradecerlles a estos seres vivos a súa xenerosidade co planeta, e en definitiva, con nós, os seres humanos.

NOA: Oes, Farruco, ¿lémbras cando estabamos en 4º de primaria e tivemos o privilexio de participar na actividade de Reforestación levada á cabo pola Comunidade de Montes de Vigo?

FARRUCO: Claro que me lembro Noa.¡ A verdade é que disfrutamos á vez que aprendemos unha morea de cousas sobre os recursos do monte!

NOA: Coido que será unha desas experiencias inesquecibles da nosa etapa escolar no colexio Miralba.

FARRUCO: Bueno Noa, temos que despedirnos por hoxe. Desexamos para todos un “ Interesante Día da árbore”. Rapaces e mestres, ata o vindeiro mes de abril, no que voltarán a estar con vós…

NOA E FARRUCO: Noa e Farruco.

( Música : Vamos a reciclar para un planeta mejor)

 

Noticias

Noticias.png

Lo que pasa en Miralba, noticias de la vida cotidiana del colegio

IMG_8951-2015-02-10-20-57-22.JPG

En este canal se publican las noticias de la vida cotidiana del colegio.