img_1290.JPG

Compromiso Ecolóxico. Novembro

Ángel R. Leirós

Hoxe desde o equipo de Compromiso Ecolóxico propoñemos unha reflexión sobre o consumo de productos dun so uso e plásticos.

">

A produción global de plásticos disparouse nos últimos 50 anos, e en especial nas últimas décadas. De feito nos derradeiros dez anos tense producido máis plástico que en toda a historia da Humanidade.

  • De seguir ao ritmo actual no 2020 vanse producir un 900% máis de plásticos que en 1980.

  • Cada ano estánse a producir 500 mil millóns de botellas de plástico.

  • En España, o 50% dos envases remata no lixo.

  • Tense atopado plástico a 10.000 metros de profundidade

  • Cada día tiramos ao lixo uns 30 millóns de latas e botellas de plástico en España.

Estes son os datos. De seguro os escoitaches antes, estes ou outros semellantes, pero:

¿Algunha vez paraches a pensar en serio na cantidade de lixo que tiramos diariamente e o que significa realmente? ¿Habería a posibilidade de reducir esa cantidade de lixo?

Dese lixo que xeramos ao día, ¿que proporción hai de plástico dun so uso?

¿Estás decidido/a a encamiñar os teus pasos cara a un cambio de hábitos que traten de respectar e mellorar o medio ambiente?

Pode ser que necesites unha axuda para visualizalo e saber como facelo.

">

Logo de ver o vídeo agardamos que vos sexa mais doado PENSAR no problema que estamos a plantexar, poidades aportar ideas, propostas e compromisos para revertir o consumo innecesario.

No seguinte enlace podedes ver nun documental da BBC o impacto do consumo humano no planeta.

http://www.miralba.org/un_planeta_ainda_vivo

Na prensa diaria están a publicar noticias que evidencian a gravidade do problema. Deixovos unha mostra:

Na prensa

Noticias

Noticias.png

Lo que pasa en Miralba, noticias de la vida cotidiana del colegio

IMG_8951-2015-02-10-20-57-22.JPG

En este canal se publican las noticias de la vida cotidiana del colegio.