img_1290.JPG

Compromiso ecolóxico. Xaneiro 2019

Hai 10 anos celebrouse en Zaragoza a Exposición Internacional da Auga que tiña por eixo temático “auga e desenvolvemento sostible” hoxe é máis necesaria que nunca unha nova cultura da auga.p

 

Desde principios do século XX, a poboación mundial duplicouse, mentras que, como resultado do desenvolvemento industrial e do maior uso agrícola, o consumo deste vital elemento multiplicouse por seis. Tendo en conta que no mundo existe a mesma cantidade de auga que hai 2000 anos e, que tense aumentado a sobreexplotación, a contaminación e os efectos do cambio climático, na actualidade, casi o 40% dos seres humanos contan con problemas de escaseza de auga, circunstancia que, para o 2025 afectará a un 66% da poboación mundial asentada en países de África e Asia occidental.

 

Case tres cuartas partes da superficie terrestre están ocupadas por auga, pero soamente unha pequena parte, o 2,5% de toda a auga existente no planeta, é auga doce ou apta para o consumo. Moita desta auga doce atópase en lugares inaccesibles como nos polos ou nos glaciares polo que finalmente soamente dispoñemos para o consumo dunha parte máis pequena aínda, só 0.5% da auga que é superficial ou subterránea.

Na Terra habitan actualmente 6.000 millóns de persoas, das cales, cerca do 20% (1.200 millóns de persoas) viven en 50 países que carecen deste vital líquido e, seguindo co actual ritmo de consumo, esta vaise converter nun problema capaz de xerar conflictos armados e incidirá na supervivencia de grupos humanos e no futuro da diversidade biolóxica de moitas zonas do planeta.

Enténdese por consumo doméstico de auga por habitante a cantidade de auga da que dispón unha persoa para as súas necesidades diarias de consumo, aseo, limpeza, rego, etc. Mídese en litros por habitante e día (l/hab-día). Trátase dun valor moi representativo das necesidades e o consumo real dentro dunha comunidade ou poboación e, por consecuencia, un bo indicador do nivel de desenvolvemento económico e social.

 

Tal e como citou no seu día Kofi Annan, sendo Secretario Xeral das Nacións Unidas, “o acceso a auga apta para o consumo é unha necesidade humana fundamental e, en consecuencia, un dereito humano básico”.

Estímase que na actualidade consúmese anualmente máis da metade da auga doce dispoñible e, segundo a UNESCO, a mediados do século XXI a poboación mundial alcanzará os 12.000 millóns de habitantes e con eles a demanda duplicarase e as reservas hídricas chegarán ao seu límite.

O uso que se lle da ao auga doce consumida varía moito dunha rexión a outra do planeta, mesmo dentro dun mesmo pais. Polo xeral, o consumo elevado de auga potable dase nos países ricos e, dentro destes, os consumos urbanos duplican aos consumos rurais.

 

Gran cantidade da auga potable extraída non é bebida, sendo a agricultura e a industria os seus maiores consumidores.

Por outro lado e, debido á contaminación ambiental (augas residuais, vertidos á atmosfera, residuos sólidos, etc.) unha porción importante da auga doce dispoñible sofre dalgún tipo de contaminación.

 

Según a OMS, máis de 1.200 millóns de personas consumen auga sen garantías sanitarias, o que está a provocar entre 20.000 e 30.000 mortes diarias e gran cantidade de enfermidades.

En conclusión, non parece moi arriscado asegurar que, a pesar de que a cantidade de auga dispoñible no planeta é abondo para cubrir as necesidades da poboación, o seu consumo excesivo e incorrecto en moitos países e a súa escaseza noutros, podería provocar a falta de recursos dentro de poucos anos.

Ante esta situación é necesario un cambio nas tendencias actuales de consumo según a denominada “nova cultura da auga”, baseada no aforro de auga, optimizar a súa xestión, o respecto e sensibilización cara este recurso, o seu reparto equitativo e a valoración como activo ecolóxico e social.

Debemos recordar que:

- A auga ten un papel fundamental como motor da actividade biolóxica no planeta. Así o demostra o feito de que a vida se teña iniciado nela.

- A auga serve para disolver as sales minerais necesarias para os seres vivos, a vez que mantén en disolución as sustancias orgánicas das células.

- Tódolos seres vivos dependemos da auga para a realización das nosas funcións vitais, no caso dos humanos a auga é un 60% do noso organismo.

- Non se poderán eliminar moitas enfermidades no mundo mentras a poboación non teña garantida auga potable e saneamento.

 

En resumo, a auga non é soamente o soporte de vida máis importante que coñecemos senón que é o elemento básico para a súa supervivencia e desenvolvemento.

Se queres consultar as fontes, coñecer máis datos, aclarar dúbidas ou buscar ideas para ser un axente da nova cultura da auga só tes que visitar os seguintes enlaces:

Consumo e información sobre el agua

Uso sostenible agua ¿utopia o realidad?

greenpeace:10 consejos para ahorrar agua

Noticias

Noticias.png

Lo que pasa en Miralba, noticias de la vida cotidiana del colegio

IMG_8951-2015-02-10-20-57-22.JPG

En este canal se publican las noticias de la vida cotidiana del colegio.