image.jpeg

Descubrimos o noso mundo

Ángel R. Leirós

Os alumnos de sexto están a observar con máis interese os espazos verdes que temos na escola e nas proximidades. Están a descubrir veciños dos que non se decataran. Todos sabían que compartimos o patio con pombas e gaivotas pero quen ten visto as lavandeiras, as pegas, os merlos...


Temos asumido que é moi importante manexar con soltura conceptos como biosfera, hábitat ou ecosistema pero máis importante é descubrir que eles, os alumnos, son parte da biosfera. Que cando falamos de relacións interespecíficas, eles forman parte dunha especie que se está a relacionar con outras moitas. Que no seu entorno hai pequenos e grandes espazos formados por elementos inertes e seres vivos.


É moi importante que cando observen un espazo, coidado ou destragado, xa sexa un xardín, unha medianera, a praia onde xogan ou os parques forestais que rodean a cidade o fagan cunha mirada intelixente. Unha ollada que descubra ós seus habitantes, que intúa as relacións que se establecen entre eles, cales son os perigos que os amenazan e que poden facer para mellorar o entorno.
Se perfecionamos esa ollada curiosa e esperta os paseos polo campo adquiren outra dimensión, as longas viaxes en coche ofrecen outras posibilidades antes de preguntar ¿falta moito? e se a mellorades o suficiente descubriredes que as veces estades a ser observados.

6º de Primaria

Blog didáctico de 6º de EP

Materiales, apuntes, ejercicios, recursos para los alumnos y alumnas de 6º