cig_img118.jpg

Despedida dos alumnos de 2ºBacharelato

Lisardo Villanueva

O pasado venres 19 de maio celebramos xuntos a despedida dos alumnos de 2º  bacharaleto. Foi unha celebración sinxela na que todos os asistentes puidemos disfrutar de momentos moi emotivos e intensos.

En primeiro lugar celebramos a eucaristía que destacou pola súa sinxeleza e pola participación dos alumnos e mais das súas tutoras. Elas mesmas foron quen chamaron un a un a todos e cada un  e dos rapaces que amais da insignia do colexio recibiron un agasallo da asociación de pais e nais de Miralba. De seguido dúas representantes, unha de cada clase, leron un sentido texto no que lembraron algúns dos momentos máis importantes do seu paso polo cole. O vídeo que proxectaron a continuación non fixo senón corroborar moitos deses intres mediante imaxes desa longa traxectoria. 

Logo viñeron os discursos de pais, do seu padriño de promoción e dos profes e para rematar o do de director do colexio. Neles os rapaces e rapazas deste 2º de bacharelato 2017 escoitaron unhas agarimosas verbas de parte de todos eles. Se nos fixamos no lema deste curso poderiamos dicir que lles contaron un pouco a experiencia do "Crece comigo".

O remate do acto foi o rato compartido no clube, no que máis animadamente puideron compartir eses momentos de ledicia en tono a mesa, sempre imprescindible en toda celebración. Alí, familias, profes e persoal, antiguos alumnos e alumnas, saudáronse, lembraron xuntos anécdotas e falaron de proxectos e ideas de futuro. Ou sexa compartiron vida.

Sabemos que a festa non rematou de todo xa que contra a  noite, alumnos e profes, foron compartir tamén un ratiño de baile nun local do centro da cidade.

Estamos convencidos que han de gardar estes momentos coma un tesouro que de seguro, lembrarán cando lles veña ao maxín o seu paso por Miralba. Noraboa rapaces e rapazas!! Moita sorte en todo o que fagades de aquí en diante!!

ESO Bachillerato

accion_social.png

El canal de la Secundaria

dscf6615.jpg