Día da bicicleta 2017: A Golpe de Pedal

Hoxe celébrase internacionalmente o Día da Bicicleta, por iso compartimos convosco hoxe este artigo. Desde o colexio Miralba queremos axudar a construir un mundo mellor. Somos moitos os que estamos neste inxente traballo e desde o colexio buscamos puntos de encontro  con esas persoas ou asociacións para ir medrando xuntos. Campos como a acción social, a ecoloxía, o deporte...

De maneira habitual podemos ver na prensa noticias relacionadas co usos da bicicleta na nosa cidade: que o concello está a por en marcha a crecación dun carril-bici que vai unir Teis e Samil (ler artigo) ou que arranca unha nova edición da Pedaliña (ler artigo). Vigo non ten unha elevada contaminación atmosférica, é outra das ventaxas de estar á beira do mar, pero si que ten unha importante contaminación acústica producida polos vehículos.

Entre as asociacións que máis se pronuncian por potenciar o uso da bicicleta como medio de transporte limpo e rápido en Vigo está A Golpe de Pedal. E nós, no colexio, temos a sorte de contar con Xosé Manuel que, ademáis de impulsar moitas destas iniciativas, cada día nos da exemplo do bo e saudable que é vir en bicicleta ao cole. 

AGP ven desenvolvendo desde hai  quince anos diferentes actividades para promover o  uso e disfrute  da bicicleta, actividades como:

  • A Pedaliña, da que xa van dez edicións, nas que se incluen xogos e actividades no Castro e unha marcha ciclista que percorre Vigo na que se conmemora o Día Mundial do Medio Ambiente.
  • A campaña "unha bici, un sorriso" na que se recollen, reparan e se entregan bicicletas a rapaces da cidade con recursos limitados para mellorar a súa calidade de vida coa ilusión que lles produce recibir unha bicicleta. Nesta actividade estase a potenciar a solidaridade cidadana e recupéranse bicis inutilizadas. Para esta campaña é preciso contar coa axuda de moitos colaboradores, tendas de bicicletas e os servicios sociais do concello.
  • Participación na SEM, Semana Europea da Mobilidade.
  • Marcha nos montes de Vigo, magnifica ocasión para coñecer e disfrutar dos parques forestais que rodean a cidade de Vigo.
  • Participación en congresos nos que se aborda o uso da bicicleta como instrumento de mellora da nosa calidade de vida e nas que se fai presente a cidade de Vigo.

Queremos animarvos a participar nas actividades da Pedaliña 2017, que arranca hoxe: un mes para vivir Vigo en Bici: marchas ciclista populares, exposicións de bicicletas antigas, rutas bicicultura, actividades no Castro e a gran marcha do 28 de maio. Este ano ademáis, cun transfondo solidario: colaborar con Acnur (a axencia daa ONU para os refuxiados) Deixámosvos nesta entrada o programa de actividades. Tamén podedes informarvos na páxina facebook de Vigo a Golpe de Pedal e na sua web.

Noticias

Noticias.png

Lo que pasa en Miralba, noticias de la vida cotidiana del colegio

IMG_8951-2015-02-10-20-57-22.JPG

En este canal se publican las noticias de la vida cotidiana del colegio.