Sabedes por que hai castañas e follas cheas de ditos populares pola escola?
Non?! Pois aí vos vai a explicación. Xa vos adianto que hai moito traballo de investigación.
Todo empezou cando as mestras dixeron:
Chegou novembro, parece que por fin comezará o frío. As cores das árbores están a cambiar por completo. Os verdes deixan paso os marróns e laranxas... É hora de prepararse para o Magosto, para celebrar o San Martiño, para lembrar a San Andrés...
Ti sabes os ditos que dicían os teus avós cando chegaban estas datas? Ou o que recitaban os pais dos teus avós co comenzo de novembro? Lembras algún refrán que eles che contaran referido a o outono? Pois... mans a obra!
Prepara a túa libreta e o teu bolígrafo de investigador e achégate a eles ou a calquera outra persoa da túa familia o do teu redor que che poda contar ou recitar algún dito propio do tempo que comenzamos.
Recolle toda a información que poidas (cantos máis ditos mellor), e logo seleccionaa elixindo o que máis che guste ou o que máis chame a túa atención. Terás que escribilo na folla ou na castaña que che entregamos de modelo, a traelo a clase ben decorado para ambientar os corredores e as nosas aulas. Moito ánimo! A investigar! Queremos lembrar...ditos de vellas!!