img_1182.JPG

Ecoloxía: Noa e Farruco

Para que poidades disfrutar do diálogo dos nosos ecolóxicos compañeiros e reflexionar sobre as súas verbas publicamos o texto da megafonía.

NOA: ¡Ola Farruco!, ¿que estás a ler no xornal?

FARRUCO: Algo moi preocupante, Noa.

NOA: ¡Débeche ser! , pois vaia cara que estás a poñer ¿de que se trata, Farruco?.

FARRUCO: Tráta do cambio climático. Estes periodistas estanlle dando tantas voltas ultimamente, que me están a poñer preocupado de máis.

NOA: ¿E que di entón a noticia, Farruco?

FARRUCO: Din os científicos, que nos próximos decenios os invernos terán cambios de temperatura máis bruscos e extremos, aumentarán as tormentas e a velocidade do vento. A sequía será cada vez maior nas zonas do Mediterráneo e como consecuencia haberá máis incendios ¿Non che parece un pouco esaxerado, Noa?

NOA: De esaxerado, nada , Farruco. ¡Ti non escoitas as noticias que están a pasar polo mundo!: os furacáns Irma e María, sequías, inundacións,.. ¡Iso está a pasar polo efecto invernadoiro!

FARRUCO: ¿Polos invernadoiros? ¿Como ese que ten o meu avó, na aldea para cultivar as verduras?

NOA: ¡Ai Farruco, unhas veces tan listo e outras tan atontado!

FARRUCO: ¡A ver, a ver! Sen ofender, eh! Explícate, ¿non?

NOA: Escoita con atención, Farruco. O efecto invernadoiro é un fenómeno da atmosfera. Nesta capa de aire que envolve á Terra, hai uns gases que reteñen a calor do Sol e evitan que esta calor se escape para o espacio, e desta forma temos unha temperatura no noso planeta que permite a existencia da vida.

FARRUCO:¿E que ten que ver eso cos invernadoiros, Noa?.

NOA: Pois os invernadoiros, coma o do teu avó, están feitos con plástico ou cristal, para que pase a luz e a calor do Sol, e despois esa calor non a deixan escapar, para que as plantas medren mellor e máis de presa.

FARRUCO: ¡Claro, xa comprendo!, o plástico dos invernadoiros, retén a calor igual que fan eses gases que ten a atmosfera ¿E que gases son eses, Noa?.

NOA : A atmosfera, Farruco, está formada por moitos gases, e entre eles o vapor de auga e o dióxido de carbono entre outros, producen este efecto invernadoiro.

FARRUCO: Pero entón , é bo que exista o efecto invernadoiro, gracias a el estamos quentiños, porque senón morreriamos de frío, ¿non che parece, Noa?

NOA: Sí, Farruco, efectivamente, eses gases nunha cantidade equilibrada son necesarios, pois sen eles a temperatura da Terra baixaría uns 30 graos de media.

FARRUCO: ¡Que frío, Noa!, ¡estaría todo conxelado! Pero sigo sen entender que relación ten o efecto invernadoiro co cambio climático.

NOA: O problema Farruco é que o home cos fumes das industrias, coa destrucción dos bosques, co excesivo uso dos vehículos de gasóleo ou gasolina, cos incendios forestais..., cada vez aporta máis dióxido de carbono a atmosfera.

FARRUCO: ¡Carai Noa!, eso quere dicir que a temperatura da superficie da Terra aumenta, ¿non sí?

NOA: ¡Efectivamente Farruco! Os científicos din que eso fará que se desconxelen os Polos, que suba o nivel da auga dos océanos, e que moitas terras queden por debaixo da auga. Aumentará a sequía nunhas zonas e as inundacións noutras. Formaranse furacáns con máis frecuencia. Choverá menos veces pero con máis intensidade, e virán máis olas de calor. ¡É decir, prodúcese o cambio climático!

FARRUCO: ¡Arredemo, Noa!, se estaba preocupado lendo a noticia no xornal, agora estouche pensando en escapar deste planeta canto antes ¡Vaia futuro que nos espera!

NOA: ¡Moi simpático!, ¿e a onde vas marchar pailaroco? É normal que nos asustemos, pero os científicos tamén nos están a dicir que temos que tomar medidas para evitar todas estas consecuencias.

FARRUCO: ¿E que podemos facer nós para remedialo, Noa?.

( Música )

https://m.youtube.com/watch?v=izd-4o7CDXw

NOA: O principal é que todos os países do mundo se poñan de acordo para consumir menos enerxía, usar máis as enerxías renovables e diminuir a contaminación. Tamén terán que poñer leis que impidan talar árbores sen control, pois elas son os pulmóns do noso planeta , debido a que transforman o dióxido de carbono en osíxeno.

FARRUCO: ¡¡ Pero nós non podemos quedar de brazos cruzados, esperando a que os gobernantes dos distintos países do mundo ,se poñan de acordo !!

NOA: Claro que non, Farruco, nós tamén podemos facer algo moi importante, por exemplo: apagar luces innecesarias, gastar menos auga, vir en bus, en bici ou andando ao cole, facer bo uso das papeleiras e reducir, reutilizar e reciclar os residuos, para non acabar cos recursos naturais do noso planeta.

FARRUCO: Pois sí que temos moito que facer. Así que rapaces hai que poñer en marcha estas solucións , para que o noso planeta non deixe de ser o lugar maravilloso onde nos gusta vivir.

NOA: Pois sí, amigo meu, mans á obra. Rapaces e mestres, ata o vindeiro mes de novembro, no que estarán con vós para intentar entre todos darlle a volta ao cambio climático.

NOA E FARRUCO: Noa e Farruco.

(MÚSICA)

https://m.youtube.com/watch?feature=related&v=gKB_7MUPxT4

Noticias

Noticias.png

Lo que pasa en Miralba, noticias de la vida cotidiana del colegio

IMG_8951-2015-02-10-20-57-22.JPG

En este canal se publican las noticias de la vida cotidiana del colegio.