img_1290.JPG

Ecoloxia. Noa e Farruco.

Neste mes de Novembro os nosos compañaneiros Noa e Farruco comparten con nós a súa preocupación polos efectos dos incendios.

NOA: ¡ Ola Farruco! ¡Aiiii!

FARRUCO: ¡Ola Noa! Coido que pola cara que traes e pola túa voz, estás tan deprimida como estou eu.

NOA: Estou, estou, meu amigo ¡Síntome tan mal Farruquiño!

FARRUCO: Falamos do mesmo, é dicir falamos dos incendios de outubro, ¿Non si, Noa?

NOA: Por desgracia falamos deles , meu amigo.

FARRUCO: Eu, o que sinto é unha mestura entre rabia e tristura, entre impotencia e horror, entre…. Xa non sei como chamarlle ao que sinto.

NOA: SÍ Farruco, eu síntoche o mesmo. ¡Non podo comprender como un ser humano pode arruinar a natureza, da que respira e vive, plantándolle lume!

FARRUCO: Esta fin de semana fun visitar á miña avoa Marina que vive nunha aldeíña preto das Neves. Conforme avanzabamos polo camiño parecía que nos metiamos nun lugar desos que nos poñen nas películas futuristas , que falan do final da civilización humana e do mundo. Todo queimado e de cor negra, árbores, casas, granxas, terra, … todo negro.

NOA: Pois a miña familia e máis eu tamén fomos de visita á casa dos meus tíos que viven en Pazos de Borbén, e ao contemplaren esa paisaxe queimada e moi negra coma ti dis, fíxose o silencio de repente no coche. Ninguén falaba, nin tan sequera o meu irmán Xurxo, que como sabes precisa un tapón na boca para calar. Ademáis as bágoas asomaron nos ollos de toda a familia. Foi moi difícil sacar da cabeza todo aquel panorama desolador.

FARRUCO: ¡Ai Noa!, non paro de pensar no horror que tiveron que pasar todas esa xentes que viron perigar a súa vida para defender o pouco que tiñan: casas, animais, recordos, negocios,… Hai moitas persoas que o perderon todo no lume.

(MÚSICA : Negra Sombra)

NOA: Hai que ser ignorantes para cometer un atentado ecolóxico de tan grande magnitude. ¿Estes zopencos non saben que os bosques son seres vivos? ¿Non saben que son os nosos pulmóns? ¿Non saben que os lumes aceleran o cambio climático? ¿Non saben que os bosques reteñen o efecto invernadoiro?…

FARRUCO: Noa, por Deus, para….Estasme a asustar, ¡¡ vaiche dar algo!!!! ¡¡¡Respira!!!! Sigo eu un pouco por ti, ¿vale? Coido que estes desgraciados, porque non lles quero chamar persoas, … tampouco saben que os bosques están repletos de animais indefensos que non poden fuxir das lapas, e que morren queimadiños vivos.

NOA: Efectivamente Farruco, os animais sofren a peor parte dos incendios forestais. O seu mundo vénselles abaixo. Perden o seu hábitat, outros perden a súa vida, e con esa perda vese afectado o solo e as cadeas alimentarias dos ecosistemas.

FARRUCO: Sei que se organizaron grupos para rescatar dos montes animais que andivesen desorientados ou feridos. ¡Meus pobres!

NOA: E claro, Farruco, tampouco saberán estes homicidas que agora temos un problema moi grande coas cinzas, e os restos dos incendios.

FARRUCO: ¡Vaia Noa!, ¡iso sí que tampouco o sei eu! Conta, conta.

NOA: ¡A ver Farruco! Estes restos, cinzas, madeira carbonizada e outros… son arrastrados pola auga da chuvia, e van a parar aos ríos e ao mar, contaminando a auga que bebemos e matando os seres vivos que viven neses ecosistemas.

FARRUCO : Por iso escoitei no telediario que os mariscadores están moi preocupados porque poden morrer as ameixas, os berberechos, mexillóns, navallas, e eso sería a súa ruina.

NOA: É que as consecuencias dun incendio afectan a todos os hábitats, e ninguén se ve libre dos seus efectos devastadores.

FARRUCO: ¡Ai Noa!, ¡que preocupado estou! Coido que tardaremos moito tempo en recuperar o valor ecolóxico, ambiental, paisaxístico e económico, da nosa terriña galega.

NOA: O meu avó está moi triste Farruco, non para de dicir que os seus ollos non voltarán a contemplar a súa terra tal como era.

(MÚSICA Negra sombra)

FARRUCO: Sabes Noa, dentro desta tristura, hai que destacar a toda esta xentiña voluntaria que estivo colaborando na extinción dos incendios, a pesar de que corría perigo a súa vida.

NOA: É verdade Farruco, grazas a Deus, a maioría da xente é solidaria e ponse a axudar sen que haxa que pedirllo. A boa xente da nosa terra sempre deixa ese doce e grato recordo en medio dos peores acontecementos.

FARRUCO: Pois dende aquí queremos darlles as grazas a todos eles e pedirvos a todos que conservedes ese espíritu positivo de axuda, para encher de color ás situacións escuras que podan aparecer na nosa vida.

NOA : Rapaces e mestres , ata o vindeiro mes de decembro, no que voltarán a estar con vós.

NOA E FARRUCO: Noa e Farruco.

( MÚSICA Canción de Bebe)

Noticias

Noticias.png

Lo que pasa en Miralba, noticias de la vida cotidiana del colegio

IMG_8951-2015-02-10-20-57-22.JPG

En este canal se publican las noticias de la vida cotidiana del colegio.