dsc03493.JPG

En 1º da ESO hai poetas

Hoxe apareceron polas clases da ESO un grupo de libros ben especiais. Son exemplares únicos porque son as primeiras obras dos nosos compañeiros de primeiro da ESO.

Acrósticos, caligramas, hipérboles, anáforas, personificacións e outros recursos literarios e poéticos son os que lles dan forma aos seus sentimentos. Falan de si mesmos, de quen son, das mañás dos luns e do difícil camiño a casa, do que queren e non queren no mundo, dos flocos de millo e das treboadas

Unha vez elaboradas as súas composicións tocaba editalas. Foron eles mesmos os que se encargaron de deseñar o seu libro: a capa, a orde dos poemas, a quen llelos dedicaban... E velaí unhas grandes obras da literatura e tamén do deseño!

Xosé Ramón Alonso

ESO Bachillerato

accion_social.png

El canal de la Secundaria

dscf6615.jpg