img_3656.JPG

Érase unha vez...unha excursión á Biblioteca

Marta Escobar

Esta semana os nenos e nenas de 4° de primaria fomos de saída cultural á Biblioteca Xosé Neira Vilas. Pasámolo xenial! Ademais, nas materias de lengua e lingua estamos en medio do proxecto "Érase unha vez". Neste proxecto estivemos a ver os contos. Preparamos unha exposición oral sobre o noso conto favorito, estivemos a reler contos clásicos... o único que nos faltaba era esta visita á biblioteca, lugar ateigado de todos estes exemplares e moitos outros!

Á nosa chegada unha persoa do centro estaba a esperarnos. Contounos que na biblioteca non só atopamos libros, tamén películas, cds de música... ata teñen tabletas con libros electrónicos que prestan se imos de viaxe! Quedamos abraiados!

Despois fixemos un pequeno obradoiro centrado nos bosques. Vimos uns exemplares moi interesantes sobre como recoñecer pegadas e restos de animais, limos un conto sobre a preservación das nosas contornas forestais... Ao final de todo fixemos un xogo sobre todo o aprendido! Foi unha mañá estupenda!

Educación Primaria

accion_social.png

Canal de noticias de Educación Primaria

dscf6721.jpg