O día antes de ir a Holanda, os meus compañeiros e eu estabamos moi nerviosos pola viaxe e por volver a ver ós nosos “Holandeses”.
Por fin o gran día, cheguei ó aeroporto a iso das cinco e media da mañá, eu vía ós meus compañeiros a medida que ían chegando pero malia ilusión que tiñamos no corpo por viaxar, ninguén nos podía quitar a cara de sono que levabamos. Tivemos unha boa viaxe aínda que cunhas poucas de turbulencias, pero levámolo a maioría ben, aínda que a miña compañeira estaba moi nerviosa e golpeábame para desafogarse, pero dábame amodo.
Cando cegamos ó aeroporto de Holanda, non sabiamos quen nos ía recoller, se os pais dos rapaces se os profesores; ó final decidíronse polo profesor. Tardamos dúas horas en chegar ó colexio. O recibimento foi moi emotivo, bicos, apertas,o que máis nos chamou a atención foi que tódolos alumnos do colexio asomáronse ás ventás, que vergoña!. Collémo-las maletas e leváronnos ó salón onde nos deron a benvida. A algúns de nós, viñéronnos a recoller ó colexio e outros tiveron que ir andando xa que vivían a carón do colexio.
Ó chegar á miña casa desfixen a maleta, presentáronme ó pai e máis ó irmán, intentei cear algo, cousa que non conseguín xa que non me gustaba a cea, e fomos a ver unha película á casa dunha amiga de Lise , a miña Holandesa. Alí coincidín con algúns dos meus compañeiros, estivo ben , cada un comentou algo da súa familia, pero todos coincidimos nunha cousa: a cea non lle gustara a ninguén.
O primeiro día de colexio,dividíronnos en grupos, e percorremos o pobo andando, no meu grupo eu era a única española, os demais eran franceses e holandeses. Tódolos días tivemos actividades pero a que menos me gustou foi recorrer o pobo e os aledaños visitando granxas de vacas e de porcos; o desprazamento tiñámolo que facer en bici e chovendo, puxémonos ……. Buf tivemos que parar na casa dun dos holandeses que viña connosco para descansar, comer algo, e intentar secar un pouco, cousa que non foi doado. A actividade que máis me gustou foi ir visitar Amsterdam, é precioso e paseino moi ben aínda que me quedei coas ganas de visitar “O Barrio Rojo” aínda así, paseino ben. Tamén o pasei moi ben na festa americana, sobre todo cando os españois comezamos a bailar, e os demais comezaron a saír de pouco en pouco. De tódolos días que estiven alí a comida só me gustou dous días, un cenei polo con patacas e o outro pizza.
Respecto á xente, é moito máis fría que en Galicia, cando te presentaban a alguén, non che daban dous bicos, soamente che dicía hola, e che daban a man.
O último día foi entre bágoas e bicos e apertas, a maioría estaba chorando, xa que non nos volveremos a ver algúns ata verán.