[+]

[+]

Célula

Miralbaeuropa

Dende fai varios cursos estamos a traballar no colexio no ámbito europeo. Estamos convencidos de que é unha necesidade ineludible pońérmonos en contacto con outras realidades europeas, outros xeitos de traballar para podermos intercambiar cultura e experiencia.

O primeiro obxectivo era establecer contacto con outros centros da Unión. O noso primeiro contacto produciuse en Charleroi, Bélxica. En novembro de 2002 fomos invitados a unha reunión de varios centros de difrentes países europeos (Bélxica, Austria, Alemaña, Italia e España). Alí debatimos sobre un proxecto de avaliación que estaban a realizar dous deses centros, colaboramos nas clases (incluso impartimos clase a un grupo de español) e, por riba de todo, establecimos bases e lazos para futuros intercambios. En concreto o centro italiano, cunha segunda lingua, coma nós, mostrouse moi interesado.

Charleroi

En Febreiro de 2003 fomos invitados a unha reunión organizada en Madrid por FERE (Fereeuropa). Alí creamos un grupo de traballo formado por varios colexios pertencentes á FERE. En cada centro nos comprometimos a impulsar a idea de Europa e todas as actividades relacionadas.

Grupo de traballo Fereuropa

(de esquerda a dereita e arredor da mesa: Diego Lubián, Antonio Salido Joaquín Moreno, Ángel Rivero, Jacobo Hernández Lería, Carlos Díaz Muñiz, Álvaro García Puche, Julián Muñoz Hervás, Isidro Gil Redondo, Laura Llaneza Rubio, Rafael Eduardo Gabaldón. De pe: Carlos Roso Domínguez, Susana López García, Lisardo Villanueva)

Dende entón están a funcionar as células espalladas nos diferentes colexios (dende Aranxuez, Valencia, Vigo, Ciudad Real, Palma de Mallorca, Santander...). Froito desta colaboración xorde un boletín informativo e mais unha actividade que se está a programar relacionada co ano do Deporte.