[+]

[+]

Célula

Intercambios europeos

Ola europe@s

Por aquí andamos de novo coa Célula Europa a voltas. Xa sabedes que temos a encarga de organizar actividades vencelladas coa Unión Europea no colexio. O ano pasado programamos varias. Nalgunhas participastes tod@s dun ou outro xeito (Celebración do Día de Europa) e outras foron específicas para o Bacharelato (Intercambio co Liceo Uccellis de Udine-Italia). Este intercambio con Udine resultou unha experiencia moi enriquecedora seón que llelo pregunten a Alba A., Gabriela, Anna, Verónica, Alberto, Lara, Andrea M., Pablo, Julia, Silvia, Thais, Patricia, Alba R., Daniel, Noa, María, Andrea S., Andrea T., Beatriz e Nélida que tiveron a sorte de poder compartir uns días magníficos con trece compañeiras italianas.

Neste curso que comeza celebraremos un intercambio con Dinamarca. O colexio danés que nos visita (Aalborg Katedralskole), está situado en Aalborg unha das cidades meirandes de Dinamarca, xusto nun fiordo (accidente xeográfico semellante a unha ría). O grupo que nos visita está integrado por dez alumnas e tres alumnos de 16-18 anos. Estarán aquí a finais deste mes máis concretamente entre o 26 de outubro e o 2 de novembro. Compartirán con 13 compañeir@s de 1º de Bacharelato e coas súas familias unha morea de actividades interesantes. Vivirán, seguramente, unha experiencia inesquecible. Agardamos que a súa estancia aquí sexa o máis educativa posible e que disfruten das marabillas da nosa ría. Polo de agora nada máis. Manterémosvos informados das activiadades da Célula.

Aquí tedes una foto do Aalborg Katedralskole:

colexio.jpg