whatsapp_image_2019_01_31_at_17_02_16.jpeg

Faro de Vigo visita Miralba

Os alumnos de 5º tiveron hoxe a visita de dous responsables do proxecto “O faro da escola”. Na reunión os alumnos aprenderon a importancia da veracidade da información nun medio de comunicación e que hai que ter moi claro quen vai recibir a información para poder desenvolver as noticias que resulten de maior interés.

A noticia de que o Faro de Vigo vai publicar tantos exemplares como alumnos ten o colexio MIRALBA do periódico elaborado polos alumnos de 5º foi gratamente recibida por todos os participantes no proxecto. De feito, de volta á clase, varios alumnos comentaban que de maiores lles gustaría ser xornalistas.

¡Xa sabedes! Se queredes que unha noticia do cole sexa recollida no diario que se vai repartir a fin de curso tedes que falar co equipo de redactores de 5º de E.P.

Educación Primaria

accion_social.png

Canal de noticias de Educación Primaria

dscf6721.jpg