dsc03344.JPG

Festa da lingua 2017: homenaxe a Carlos Casares

Hoxe acollimos no salón de actos a máis de 300 rapaces de primaria doutros catro colexios de Vigo e Pontevedra xúntanse para celebrar a Festa da Lingua e homenaxear a Carlos Casares, autor ao que se lle adica este ano a celebración do Día das letras Galegas.

Na actividade, organizada polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega e de Innovación Pedagóxica de Escolas Católicas e apoiado pola Secretaria Xeral de Política Lingüística, participaron Salesianos, Salesianas, Compañía de María e o colexio Sagrado Corazón de Pontevedra, ademais dos nosos alumnos de 6ºEP. Cada centro educativo preparou unha pequena actuación-intervención coa que montar un festival a través do cal coñecer máis a Carlos Casares e a súa obra. Houbo poesías, lecturas de relatos e ata un  informativo do autor  natural de Ourense e falecido en Nigrán no ano 2002 que elaboraron un grupo de alumnos de 1ºESO do noso colexio. 

Charo Baleirón, responsable do departamento de Innovación Pedagóxica de Escolas Católicas dirixiu os rapaces unhas palabras nas que os animou a "empregar cada vez máis a nosa lingua e así coidar entre todos este grande tesouro que tenemos".

A compañía  A tropa de trapo amenizou cos seus contos e a súa música esta edición da Festa de Lingua na provincia de Pontevedra que tamén se fixo xa noutras localidades Galegas como Ourense ou Santiago.

O acto rematou co xesto de poñerse todos os participantes unha carauta de Casares, co que simbolizar o agarimo cara a este escritor así como o desexo de parecernos un pouco máis a este sementador de palabras.

Noticias

Noticias.png

Lo que pasa en Miralba, noticias de la vida cotidiana del colegio

IMG_8951-2015-02-10-20-57-22.JPG

En este canal se publican las noticias de la vida cotidiana del colegio.