dsc03434.JPG

Festival do Día das Letras Galegas 2017

Por medio de tres festivais, que tiveron lugar no salón de actos o pasado martes 16 de maio, todos os alumnos dende Infantil ata 2ºESO festexaron o día das nosas letras.

Coma si de un telexornal se tratase, os alumnos de 1ºESO fixeron de conductores destes festivais. Así, a través de diversas entrevistas e reportaxes foron presentando ao autor a quen este ano se lle adica o Día das Letras Galegas: Carlos Casares. Nos pezas que ían entre actuación e actuación, nas que reproduciron diversos xéneros xornalísticos, foron aportando datos sobre este escritor nacido en Ourense pero que pasou boa parte da súa vida na zona de Vigo e comarca. Fixeron entrevistas a algúns dos personaxes máis famosos dos seus libros, como á Galiña Azul, Toribio ou Lolo, tamén falaron das súas publicacións máis famosas, e ata puideron conversar coas laranxas máis laranxas de todas as laranxas. 

E no medio de todas estas informacións coas que aprender máis sobre Carlos Casares, os diferentes cursos prepararon nas clases algunha actuación para participar nestes festivais. Así, os alumnos de Educ. Infantil cantaron O galo canta e deleitaron aos presentes cun baile tradicional e os de 1ºEP explicaron coa súa canción cómo se fai o Pan de Millo. 2ºEP presentounos a Lolo andando en bicicleta, mentres que 3ºEP representou A Galiña Azul

Os maiores de primaria tamén tiveron o seu espacio nos festivais. 4ºEP cantou e danzou A laranxa foi á fonte, 5ºEP sorprendeu cun videoconto feito a partir de textos de Casares e de debuxos dos alumnos, e por último 6ºEP representou a obra As laranxas máis laranxas de todas as laranxas. 

Uns festivais para disfrutar co noso, coas nosas letras e as nosas tradicións máis cercanas. Porque, tal e como nos recordaban os alumnos de 1ºESO, en galego estamos no mundo. 

No seguinte video podedes ver todo o festival:

Noticias

Noticias.png

Lo que pasa en Miralba, noticias de la vida cotidiana del colegio

IMG_8951-2015-02-10-20-57-22.JPG

En este canal se publican las noticias de la vida cotidiana del colegio.