indice.jpg

Mallando nos verbos

Xose Ramon Alonso
indice.jpg
Os verbos son esas palabras que utilizamos para indicar accións, estados ou procesos.E como accións, estados e procesos hai a moreas, temos infinidade de verbos que coñecer.
En canto á súa forma, sabemos que son tremendamente variables. Na súa conxugación podemos atopar as sesenta e cinco formas que pode adoptar, por exemplo, o verbo andar. En cada unha delas mesturamos cinco factores: a persoa, o número, o tempo, o aspecto e o modo ademais do seu propio significado. Lembrade iso de que andei é a primeira persoa do singular do pretérito perfecto de indicativo do verbo andar.
A maior parte dos verbos son regulares e conxúganse segundo uns verbos que chamamos "modelo": andar, varrer e partir. É isto o que fai que sexamos capaces de conxugar calquera verbo por descoñecido que nos sexa.
Non todo vai ser tan fácil. Aí quedan os verbos irregulares, eses que se conxugan de xeito distinto, para marearnos a cabeza.
Hai anos, os profesores de lingua elaboramos este xa famoso "Apéndice de verbos" que axuntamos a este artigo. Podedes atopar outros documentos similares en libros de texto, dicionarios, manuais de gramática etc. As novas tecnoloxías tamén facilitan moito este labor, e dente hai un tempo podes atopar un conxugador en liña que nos permite coñecer e consultar a conxugación de calquera verbo do galego. E se prefires outro tipo de tecnoloxías (móbil, tableta), atoparás por aí unha aplicación gratuíta para engadirlle ao teu aparello.

Lingua Galega

Galego.png

Espazo da Lingua Galega da ESO