
Sempre hai algo máxico na forma na que medran os nenos. Pero estes días estanse obrando prodixios nas aulas de infantil. A aprendizaxe por proxectos está a conseguir que os alumnos poidan viaxar no espazo e no tempo como por obra de encantamento.
Os alumnos de 5 anos están a vivir intensamente a Idade Media, coñecen os oficios da época, como eran os castelos e quen os habitaban. ¡Que rufos e fachendosos van chegar todos cos seus escudos heráldicos!
Os de 3 e 4 anos están visitando e coñecendo puntos tan dispares como NY, disfrutando da Gran Mazá, ou China achegándose a súa cultura milenaria e mesmo atrevéndose a bailar cun dragón.
Non vos asustedes si vos atopades pola escola un cabaleiro medieval, non hai moito eu atopei unha momia e a varios faraóns.
Angel R. Leirós