mediadores_miralba.png

Mediadores Miralba

Ramiro Taboada

Este curso 2016-17 iniciamos un Programa de Mediación entre iguais para resolver os pequenos conflictos que surxen na convivencia do alumnado. Denomínase “Mediadores Miralba” e de maneira experimental ímolo implementar nos cursos de 6º EP e 1º ESO.

A primeira fase, na que nos atopamos, é a formación dos mediadores, que son alumnos que voluntariamente se ofreceron para desenvolver esta función. Levan xa 3 semanas recibindo formación das pautas que deben aplicar na resolución dos conflictos. Están traballando para levar á práctica contidos necesarios para ser un bo mediador, como son a escoita activa, a empatía, a observación, o rexistro obxectivo, a xestión do conflicto, e as técnicas propias da mediación.

A derradeira fase deste curso será ofrecer este servizo de mediación aos compañeiros durante o terceiro trimestre de curso. O obxectivo do programa de Mediadores é contribuir á mellora da convivencia no centro educativo.

Orientación

Canal de Orientación