coca_cola.jpg

Noraboa os nosos mozos escritores

coca_cola.jpg

Un ano máis, Coca Cola deulles a oportunidade a algúns dos nosos alumnos de segundo de secundaria de mostrar as súas dotes como escritores. Tras unha selección previa, un grupo de doce rapaces (seis na modalidade de castelán e seis na de galego) acudiron á Facultade de Dereito do CUVI para enfrontarse a unha proba de escritura na que haberían de sacar o mellor deles mesmos e tratar de escribir, nun tempo limitado, un relato que xirase en torno á temática elixida. Trouxeron con eles unha experiencia diferente e divertida, algún que outro agasallo e a oportunidade de pasar á seguinte ronda.

Foi o caso de Carlos García, que se clasificou en segundo lugar no sector de Vigo e que o día 26 de maio acudiu á entrega de premios no Pazo de Mariñán, na Coruña. Dende aquí queremolle dar a noraboa a todo-los participantes polo gran papel realizado e desexarlles moitos máis éxitos no futuro

Fani Costas

ESO Bachillerato

accion_social.png

El canal de la Secundaria

dscf6615.jpg