20180322_184258.jpg

O Día da Árbore

O mércores, día 21 de marzo, os cativos de Infantil e os nenos de primaria fixeron unha merecida homenaxe á árbore. As actividades realizadas tiveron como obxectivo tomar conciencia do coidado que merecen e da importancia que teñen no desenvolvemento da nosa vida, comezando polo suministro continuado de osíxeno para poder respirar.

Empezamos o día escoitando o seguinte video-conto. 

https://m.youtube.com/watch?v=-usDZy8QY-I&feature=youtu.be

Entre todos demos “vida” a unha árbore levantada no corredor do segundo andar, enchéndoa de follas multicolores nas que os nenos escribiron as súas mensaxes de agradecemento a estes seres vivos tan especiais. Acompañan a esta “árbore amiga”, uns carteis decorados polos alumnos, sobre os dereitos das árbores.

Pero a celebración abarcou máis actividades. Os alumnos de 5º visitaron aos seus compañeiros de Educación Infantil , para escenificar unha serie de contos nos que as árbores foron as protagonistas. Os alumnos de 6º aplicaron os seus coñecementos na área de Sociais e convertéronse en publicistas elaborando uns carteis para promocionar o “Día da Árbore”. Pero non só quedamos entre as paredes do colexio para realizar esta merecida homenaxe.

Os alumnos de 4º de Primaria visitaron os Montes de Coruxo, para colaborar, plantando castiñeiros, coa súa Comunidade de Montes nas campañas de reforestación das áreas queimadas nos incendios do 15 de outubro. Regresaron ao colexio cheos de orgullo por ter colaborado coa rexeneración do noso patrimonio forestal. Tamén están realizando un mural ( lapbook) por grupo coa investigación que levan á cabo sobre as árbores.

Noticias

Noticias.png

Lo que pasa en Miralba, noticias de la vida cotidiana del colegio

IMG_8951-2015-02-10-20-57-22.JPG

En este canal se publican las noticias de la vida cotidiana del colegio.