dsc_0951.JPG

O III Torneo de Xadrez Escolar Miralba 2016, todo un éxito

Pablo García

O colexio Miralba trouxo a Vigo, por terceiro ano consecutivo, unha das probas do "Circuíto Galego Xadrez Promoción".

alcalde de Vigo, Abel Caballero, clausurou a terceira edición do Torneo de Xadrez Escolar Miralba. Unha competición que reuniu a 172 participantes, repartidos nas categorías Sub8, Sub10, Sub12, Sub14 e Absoluta. 

Participantes chegados das catro provincias galegas, máis unha ampla representación do país vecio, fixeron do torneo unha das probas internacionais de maior concorrencia disputadas en Galicia. 

Unha das novidades desta edición foi a inclusión da categoría absoluta. Unha iniciativa que anima a nais, pais e acompañantes a poñer a proba a súa destreza diante dos taboleiros ó tempo que apoian a paixón dos seus cativos. A participación de xogadores de altísimo nivel coma o Mestre da Federación Internacional de Xadrez, Lucas Abal, ou a maior promesa do xadrez local, Rubén Fernández, Subcampión de España Sub10 no 2015, permitiulles enfrontarse e aprender dos mellores xogadores de Galicia. 

"Escolar Miralba 2016" renovou a súa iniciativa solidaria; os participantes realizaron unha inscripción voluntaria dun quilo de alimentos non perecedoiros que serán entregados ó Comedor da Esperanza de Vigo. A recadación superou os 150 quilos de alimentos. 

A proba rematou co clásico sorteo de agasallos achegados polos patrocinadores: Escola Xadrez Pontevedra, NeoEduca e Concello de Vigo.

Por categorías os cinco primeiros clasificados foron:

SUB8:

Alejandro Cereijo Suárez Manuel Peleteiro (Santiago de Compostela)
Iago Fernández Ramos Xadrez Brétema (Ribeira)
Brais Moreira Novo Escola Xadrez Pontevedra (Pontevedra)
Joao Manuel Alcobia Escola Xadrez do Porto (Portugal)
Eduardo Cabañas López USC (Santiago de Compostela)

SUB10:

David Cernadas Cameán Xadrez Brétema (Ribeira)
Xabier Pérez Ochandategui Círculo Chantadino (Chantada)
Xabier Pérez Sousa Xadrez Mos (Mos)
Alejandro Sánchez Romar Círculo Ferrolán (Ferrol)
Raúl Seoane Castilla Círculo Ferrolán (Ferrol)

SUB 12:

Marcos Vázquez Gómez Xadrez Ourense (Ourense)
Andrés Rodríguez Ferreirós Xadrez Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa)
Belarmino García Camiña  Xadrez Padrón (Padrón)
Xacobe Conde Riveiro Xadrez Ourense (Ourense)
Gabriel González Roero Xadrez Mos (Mos)

SUB 14:

Jorge Méndez Rial Xadrez Rianxo (Rianxo)
Antonio Álvarez Pampillón Xadrez Mos (Mos)
Tomas Monteiro C. Xadrez Joao de Meira (Portugal)
Daniel González Magariños Xadrez Portas (Portas)
Mateo Díaz Gómez Xadrez Ourense (Ourense)

ABSOLUTA:

M.F. Lucas Abal Cores Xadrez Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa)
Gonzalo Bouza Brey Xadrez Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa)
Rubén Fernández Universidade de Vigo (Vigo)
Diego Pereiro Rodríguez Xadrez Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa)
José Carlos Francisco Xadrez Verín (Verín)

CD Miralba

cdmiralba.png

Club Deportivo Miralba

header_2.png

Novedades del club deportivo