img_1355.PNG

O Pergamiño Vindel

Os alumnos de 5º de EP estamos a traballar as linguas nun proxecto que ten como eixo o camiño de Santiago. Nel traballamos a expresión escrita elaborando un diario das etapas do camiño. O recorrido facémolo, na clase, todos xuntos, coa axuda da tecnoloxía que nos brinda google maps. O máis salientable, sorprendente, gracioso, tradicional, memorable ou anecdótico da etapa buscamos unha imaxe que o represente e o plasmámolo no mural que ilustra o corredor que compartimos as tres clases.

Cando soubemos da posibilidade de visitar o Pergamiño Vindel non o dubidamos. Na parte final do noso proxecto os alumnos van ser trobadores. Imos realizar un taller de poesía utilizando recursos da literatura medieval como o refrán, o paralelismo ou o leixapren.

Realizamos a visita e a satisfacción dos mestres está ben motivada. A guía felicitou aos alumnos en máis dunha ocasión polo seu saber estar e polos coñecementos que demostraron. Cando de regreso á escola redactaron unha nova na que narraban a súa visión da exposición foron moitos os que expresaban que nesta visita ían coa idea de ver o Pergamiño Vindel e atopáronse con moito máis.

Coñeceron o marco histórico, a pirámide social,… pero non mediante unha charla senón facéndolles ver a información que aportaban “pequenos” detalles dos obxectos e documentos que alí había expostos e obligándolles a razonar.

A visita rematou cun taller de “caligrafía” que como non podía ser doutra maneira non consistiu só en debuxar unhas letras. Primeiro puxémonos en situación e apreciamos máis diferencias entre as culturas que compartían España na Idade Media. Despois descubrimos cales eran os útiles do escritorio da época, como se elaboraban os pergamiños e mesmo como se obtiñan as tintas. Finalmente imitamos unhas letras. Menos mal que nós podemos usar a goma de borrar e algún mesmo calma os seus nervos roendo o lapis ou a tapa do boli sin perigo de envelanamento.

Noticias

Noticias.png

Lo que pasa en Miralba, noticias de la vida cotidiana del colegio

IMG_8951-2015-02-10-20-57-22.JPG

En este canal se publican las noticias de la vida cotidiana del colegio.