Os alumnos de 4º de EP visitaron o "Verbum" (Museo das palabras)
Xogaron as adiviñas, atrevéronse cos trabalinguas, buscaron entre definicións palabras escondidas, .....En fin , xogaron coas palabras. Pero o que máis lles resultou interesante e divertido foi o contacto con novos códigos de comunicación: as bandeiras ( empregadas nos barcos), o alfabeto dactilolóxico ( empregado polos xordomudos), e o sistema Braille ( empregado polas persoas invidentes).
A visita foi moi interesante, pois este museo da moito xogo, e invitamos a todos a que o visiten, no seu tempo libre.