img_1290.JPG

Os alumnos de 4º, mestres por un día

Seguindo co obxectivo de mellorar a conciencia e o compromiso ecolóxico da comunidade educativa do Colexio Miralba, os alumnos de 4º de Primaria explicáronlle aos maiores do colexio, alumnos de Secundaria e Bacharelato, como se leva a cabo a separación de residuos. Conseguiron, coa súa presentación e explicacións, captar a atención dos presentes.

Para os cativos foi moi importante esta actividade, porque incrementou a súa autoestima e significou un reto que asumiron cunha grande ilusión. Agora só queda que as pautas de reciclaxe se leven á cabo. Podedes visualizar o contido da presentación no documento PDF adxunto. ¡Ánimo, e a poñer en práctica a guía de reciclaxe!

Noticias

Noticias.png

Lo que pasa en Miralba, noticias de la vida cotidiana del colegio

IMG_8951-2015-02-10-20-57-22.JPG

En este canal se publican las noticias de la vida cotidiana del colegio.