Presentación do equipo ECOLOLOXÍA

O mércores 27 escoitamos a presentación deste novo equipo.

Bos días a todos e a todas. Desde o equipo de ecoloxía queremos darvos a benvida a este novo curso, no que estamos decididos a ampliar a conciencia ecolóxica de todos os membros desta comunidade educativa que conforma o colexio Miralba.

E, ¿por que é tan importante coidar a nosa contorna, e en definitiva o noso planeta? Seguro que cada un de vós podería dar unha resposta diferente e acertada, pois hai moitas razóns para poñer todo o noso empeño en conseguilo. Unha desas razóns está recollida na encíclica “Laudato Si” do papa Francisco. Di o papa que “ son inseparables a preocupación pola natureza, a xustiza cos pobres, o compromiso coa sociedade e a paz interior”.

Ao longo deste curso estaremos en contacto con todos vós para axudarvos a acadar esa paz interior a través da boa conciencia ecolóxica. Seguiremos levando a cabo a recollida selectiva dos residuos que xeramos nas aulas, aproveitando mellor o papel, facendo un uso correcto das papeleiras, apagando as luces cando non sexan necesarias e reducindo o volumen do ruido. E por suposto que as accións en defensa do medio ambiente non acaban no colexio, convertirémonos en abandeirados da ecoloxía e poremos en práctica as boas actitudes de respecto ao medio ambiente en todos aqueles lugares nos que nos atopemos. ¡¡Ánimo, temos moito traballo que facer, e contamos con todos vós para realizado!!

Agora estades invitados a visualizar nas vosas clases o video clip “ Reducir, Reutilizar y Reciclar”.

¡¡¡Decídete!!!…, é hora de formar parte dos defensores da natureza. ( MÚSICA: “Reducir, reutilizar y reciclar)

Noticias

Noticias.png

Lo que pasa en Miralba, noticias de la vida cotidiana del colegio

IMG_8951-2015-02-10-20-57-22.JPG

En este canal se publican las noticias de la vida cotidiana del colegio.