image.jpg

Proba Oficial do IX Circuíto Galego Xadrez Promoción

Rubén Martínez
image.jpg

Vigo acollerá unha das probas oficiais do IX Circuíto Galego Xadrez Promoción. 9 anos despois da creación do Circuíto Galego Xadrez Promoción, a cidade de Vigo será a sé dunha das súas probas oficiais.

O Colexio Miralba, máis a Universidade de Vigo, son os organizadores do I Torneo de Xadrez “Escolar Miralba 2014”, unha das 17 citas do xadrez escolar galego para o 2014. Mañá as 10: 30h no colexio Miralba haberá unha pequena rolda de prensa para aqueles medios que desexen asistir e coñecer máis sobre a organización deste evento, para os que non poidan vir escribimos máis abaixo e nos adxuntos información importante sobre o Torneo.

Ano tras ano, con case 3 milleiros de participantes, máis de 10 milleiros de partidas disputadas e moita diversión, o circuíto leva o deporte do xadrez ó longo e ancho da xeografía galega. As probas son abertas a todos os rapaces menores de 14 anos e divídense en catro categorías, sub 8, sub 10, sub 12 e sub 14.

O “Escolar Miralba 2014” nace da forte convicción do Colexio Miralba no emprego do xadrez como unha valiosa ferramenta pedagóxica dentro do proceso educativo do alumno, máis do compromiso da Universidade de Vigo, coma motor cultural e deportivo da cidade, na promoción do deporte en idade escolar.

O Colexio Miralba, acorde coa súa política de calidade, e a través do seu Club Deportivo, integrou na súa oferta educativa a modalidade do xadrez no ano 2010, cun enfoque no que ten prioridade a súa utilización como ferramenta pedagóxica de apoio, tal e coma e coma recomenda o Parlamento Europeo, coa introdución da materia de xadrez nos centros de ensinanza dos Estados membros. A Universidade de Vigo é o referente do xadrez en Galicia, cun equipo na Primeira División Nacional, e numerosos éxitos internacionais que levan a súa sona alén das nosas fronteiras. Un modelo de proxecto deportivo que pon en valor o “produto da terra”, chegando a elite do xadrez, unicamente con xogadores galegos.

A organización deste evento supón a primeira toma de contacto co xadrez para moitos rapaces, unha divertida experiencia que non esquecerán e trala que incluso algúns deles desenvolverán a mesma paixón que levou ós Mestres Internacionais do equipo universitario a acadar un dos fitos máis destacados do deporte galego. A primeira edición do “Escolar Miralba 2014” reunirá a preto de 200 xogadores chegados de toda a xeografía galega, entre eles os dominadores do xadrez de base galego, coma Rubén Fernández, vixente Campión Galego Sub 10, da propia Universidade de Vigo, ou os irmáns Martínez Montes, da Escola de Xadrez de Pontevedra, as máis firmes promesas do xadrez galego que garanten un espectáculo de altísimo nivel para o público asistente. O evento dispútase o sábado 4 de outubro, nas instalacións deportivas do Colexio Miralba de Vigo, as roldas darán comezo as 11: 00 horas. A cerimonia de pechamento do torneo terá lugar ás 20: 00. Entrada aberta e de balde para o público.

O “Escolar Miralba 2014” nace cun compoñente solidario, así os participantes poderán realizar unha inscrición voluntaria dun quilo de alimentos non perecedoiros que serán entregados ó Comedor da Esperanza de Vigo.

Máis información do evento na páxina web oficial da Federación galega de Xadrez www.fegaxa.org

CD Miralba

cdmiralba.png

Club Deportivo Miralba

header_2.png

Novedades del club deportivo