image.jpeg

PROXECTO "Somos biógrafos e poetas"

Julia Novoa

 Nas últimas dúas semanas os alumnos de 5º de E.P., co gallo da celebración do día de Rosalía de Castro, desenvolvimos un proxecto sobre a autora máis importante das nosas letras.

O noso traballo consistiu en amosar ao mundo que Rosalía foi unha muller moi importante, tanto en Galicia como no resto de España, unha muller loitadora, intelixente e moi comprometida coa súa época.

Traballamos en equipo durante varios días, investigando a súa biografía e obras máis salientables, coñecimos os seus versos e, por un día, convertímonos en verdadeiros poetas. Culminamos o proxecto coa celebración o día 24 do seu 179 aniversario, compartindo diferentes obradoiros e unha actuación musical con alumnos doutros coles da cidade.

5º de Primaria

El canal de 5º de Primaria