image.jpeg

Regreso ao Monte Vixiador

image.jpeg

Chegou o mes de xuño, e con el chegaron as "excursións" de final de curso. Os nenos e mestres de 4º, estabamos desexando este momento, xa que tiñamos pendente ir de novo ao Parque forestal do Vixiador, na parroquia de Candeán, para comprobar que o noso traballo de reforestación dera os seus froitos.

E comprobámolo! Os castiñeiros que plantamos aló polo mes de marzo, xa tiñan follas e nalgúns xa agromaban as xemas das flores.

Unha vez feita esta comprobación, xa era hora de disfrutar do entorno natural do parque. Damos fe de que foi unha xornada chea de actividades : rastrexo de pistas, paso do oso, coñecemento da flora e fauna do entorno e tamén da paisaxe natural,... E como non, dunhas horas de compañerismo, traballo cooperativo, comida en común, xogo libre, ... e tantas outras actividades que fixeron deste día unha xornada de animado lecer inesquecible.

Se queredes comprobar todo isto, so teredes que pinchar no seguinte enlace e unha morea de fotos aparecerán de súpeto.

Fotografías do Regreso ao Monte Vixiador

 

4º de Primaria

El canal de 4º de Primaria