img_6203.jpg

Salamanca, Sevilla e Cáceres

Dende o pasado mércores 24 de marzo ata o venres 26, os alumnos de 1º de Bacharelato recorremos a Ruta da Plata, facendo paradas en Salamanca, Sevilla e Cáceres.

Durmimos ambas noites en Sevilla. Á ida comemos en Salamanca aproveitando para facer unha visita á súa catedral, á súa universidade, na cal atoparon a famosa ra, á Plaza Mayor...

O día seguinte, xa en Sevilla, fixemos un tour pola capital andaluza, na que puidemos ver a Plaza de España, a Xiralda, a Torre do Oro e o barrio de Santa Cruz, tendo asimesmo a oportunidade de facer unha ruta en barco polo Guadalquivir. Ademais do turismo, os alumnos e alumnas de Bacharelato, tamén tiveron tempo de se divertir nun parque de tirolinas chamado Bosque Suspendido. Esa mesma noite, deron un paseo nocturno por Sevilla.

O último día, xa de volta, pararon en Cáceres, onde, a pesar do cansancio, disfrutaron da cidade cunha guía turística que lles contou a historia que se atopa entre as murallas da cidade.
Sen dúbida foi unha experiencia inesquecible!

(Marta Ojea, Carmen Filgueira, Helena Cameselle y Carmen Rodríguez)

Noticias

Noticias.png

Lo que pasa en Miralba, noticias de la vida cotidiana del colegio

IMG_8951-2015-02-10-20-57-22.JPG

En este canal se publican las noticias de la vida cotidiana del colegio.