img_20181114_113840.jpg

Taller de hixiene bucodental

Marta Escobar

O pasado 14 de novembro e coa finalidade de aprender hábitos relacionados coa nutrición os alumnos de 4º de EP, asistiron a un "Taller de hixiene bucodental", organizado por un grupo de alumnos e profesores do centro Fillas de María Inmaculada de Vigo.

Comenzaron o taller realizando unha enquisa dos coñecementos previos dos alumnos sobre hixiene bucodental. A continuación, explicáronlle aos cativos os motivos e causas que provocan a aparición das caries, facendo fincapé nos grupos de alimentos que colaboran máis coa formación desas caries.

Rematouse o taller coa explicación de técnicas e procedementos do cepillado e coa colaboración de catro alumnos, elixidos de forma aleatoria, para realizar unha exploración bucodental.

No vindeiro mes de decembro, haberá unha segunda parte deste taller, para comprobar a mellora nos costumes e hábitos da hixiene bucodental dos nenos de 4º.

Educación Primaria

accion_social.png

Canal de noticias de Educación Primaria

dscf6721.jpg