img_1280.JPG

TALLER MEDIOAMBIENTAL

O pasado venres os alumnos de 5º de EP realizaron un “taller medioambiental”.  Nel prepararon macetas para todos os alumnos de 4º, 5º e 6º, a partir de botellas de plástico . No taller aprenderon o valor de reutilizar.

Fixeron para cada aula tantos testos, "macetas",  como equipos hai en cada clase.

A segunda parte da actividade consiste en que se planten nesas macetas as sementes que os nenos trouxeron do monte ( landras e castañas), e que as cuiden en cada aula. As clases de quinto xa teñen os seus testos preparados coa súa terra e sementes, e mesmo as cubriron cun pano para limitar a incidencia da luz e para axudar a conservar a humidade.

O obxectivo final é poder levar ao monte as árbores que nazan e vaian arriba. E o obxectivo inmediato, é descubrir o valor  de reutilizar, e de concienciar aos alumnos do coidado do medio ambiente, tratando de curar as feridas que produciron os incendios.

Grazas a todos os que acompañastes aos vosos fillos ao monte para apañar esas sementes que cairon nos camiños e son necesarias para a realización da actividade.

Noticias

Noticias.png

Lo que pasa en Miralba, noticias de la vida cotidiana del colegio

IMG_8951-2015-02-10-20-57-22.JPG

En este canal se publican las noticias de la vida cotidiana del colegio.