img_1179.JPG

TORNEO DE XADREZ

img_1179.JPG

Este sábado 7 de outubro, terá lugar no cole, e por cuarto ano consecutivo, o “IV Torneo de Xadrez Colexio Miralba". Neste importante evento que mostra o compromiso do noso centro con este deporte, daranse cita participantes de toda Galicia e, incluso, do norte de Portugal, entre os que se atoparán algúns dos dominadores de xadrez base galego, como Rubén Fernández, vixente campión galego sub10, da Universidade de Vigo, ou os irmáns Martínez Montes, da Escola de Xadrez de Pontevedra.

Ademais, esta iniciativa mantén o seu compromiso solidario pois os participantes poderán contribuír cun quilo de produtos non perecedoiros que se doarán ao Comedor da Esperanza de Vigo.

No tocante ao horario, a primeira rolda comezará as once da mañá e o torneo rematará ás oito da tarde coa Cerimonia de Peche e a entrega de premios. Pero ollo! Aquí todos os que vos animedes a participar recibiredes un agasallo, independentemente do posto no que quededes.

Así pois… A que esperades para anotarvos? O torneo terá un máximo de 180 participantes polo que non esperedes máis ou correredes o risco de quedarvos sen praza. Estamos convencidos de que o faredes estupendamente xa que o cole Miralba… Está cheo de campións!

Noticias

Noticias.png

Lo que pasa en Miralba, noticias de la vida cotidiana del colegio

IMG_8951-2015-02-10-20-57-22.JPG

En este canal se publican las noticias de la vida cotidiana del colegio.