infantil_miralba.jpg

TRABALLANDO A EXPRESIÓN ORAL EN INFANTIL

Ramiro Taboada
infantil_miralba.jpg

Dende o Departamento de Orientación ofrecémosvos un conxunto de 12 pautas para mellorar a expresión oral dos nenos, especialmente na etapa de educación infantil:

  1. Sentarse un tempo de 10-15 minutos para manter unha pequena conversa, de escoita e de fala, preguntándolle sobre diferentes temas e non só centrándose no que fixo no colexio. Tamén lle falaremos sobre temas de ocio, traballo, amizades.
  2. Expresar sentimentos e facerlle ver con xestos de que sentimentos estamos falando (por exemplo, “Hoxe estiven moi contento porque tiven un bo día” expresalo con cara sorrinte…),
  3. Non falarlles con présa.
  4. Deixarlles que falen e non anticiparnos ao que queren dicir,
  5. Articular ben (por exemplo, “Queres auga”? e non “Queres abua”?, “Mira un can” e non “Mira un guau guau”),
  6. Utilizar un vocabulario adaptado á idade do neno, facendoo cada vez máis amplo. Con 3-4 anos de idade a maioría dos nenos, son capaces de pronunciar t, k, d, g, ñ, l. Con 4-5 anos de idade a maioría pronuncia f, s, ch, ll, j, z. O fonema que máis tardan en pronunciar e o “r” e os sinfóns (fl, pl, bl, cl, br, pr,.....). Se a partir dos 5 anos non pronuncia ben estes fonemas aconséllase levalo a un profesional (logopeda) para avalialo.
  7. Lectura de contos con debuxos para que poidan dicir o que ven.
  8. Lectura de láminas con imaxes reais ou debuxos. Eles poden expresar o que ven, o que pensan ou se lles suxire algunha pregunta ese debuxo ou imaxe.
  9. Xogar con eles a realizar figuras con plastilina.
  10. Rachar papeis (collage) para pegar sobre un debuxo.
  11. Colorear, recortar, escribir.
  12. É recomendable que se relacione con outros nenos noutro ámbito que non sexa o colexio, xa que os nenos aprenden entre eles mesmos.

Toda interacción que fagamos cos nenos é unha gran axuda para eles. Ademais recordade que temos que axudarlles a que sexan autónomos e responsables, dándolle normas sinxelas, poñéndolles límites e todo isto acompañado con moito agarimo.                        

    Departamento de Orientación 

Orientación

Canal de Orientación