image-41.jpeg

Visita a Campolameiro

   A viaxe dura unha hora, tempo abondo para ir descubrindo diferencias entre nós:

Hainos que na praza de España están a preguntar se falta moito.

Hainos que nada máis saír da autopista estanse a queixar das curvas e do estreita que é a estrada.

Hainos que aproveitan para falar co compañeiro.

Hainos que precisan molestar a alguén para sentirse ben.

Hainos...

   Viaxamos nun autobús noviño, mais os alumnos de quinto atopamos un defecto no seu diseño: ¿Se as filas son de 4 asientos por que o corredor só permite ir e fila de un?. Se todos queremos saír ao mesmo tempo, non se pode saír. De feito precisamos da axuda dun mestre que estableceu turnos de saída para non bloquearnos os uns aos outros no corredor.

   A visita empezou con bo pé. O primeiro que nos preguntaron foi se sabiamos que eran os "petroglifos". Como a nosa resposta foi afirmativa os monitores que nos ían guiar polo parque alegráronse. Cada clase empezou nunha actividade diferente. Pero ao finalizar o día todos fixeramos unha visita a reconstrución dun poboado de uso temporal da Idade de Bronce, contemplamos os petroglifos "centrais" dun gran espacio sementado de numerosos gravados, visitamos a exposición permanente do centro de intepretación da arte rupestre e todos os grupos fixeron un obradoiro de carácter práctico.

   Nos obradoiros uns elaboraron pezas cerámicas sen o uso de tornos, imitando a técnica doutras culturas primitivas e outros convertéronse en improvisados arqueólogos. "Descubriron", elaboraron unha ficha de observación para informar do achádego, e fixeron reproducións duns petroglifos: Primeiro fixeron o calco nun plástico transparente cun rotulador, no que o trazo inseguro reflexou a emoción do momento , e posteriormente pasamos ao calco en papel frotando con papel de carbón.

   Recollemos as pezas cerámicas, que nos servirán de recordo da visita, as mochilas e empezamos a viaxe de volta á escola. E volven as diferencias, esas que nos enriquecen, para uns só falta unha hora para rematar a viaxe e para outros todavía nos queda unha hora de autobús para rematar o día.

5º de Primaria

El canal de 5º de Primaria