ecima_1.jpg

Visita a ECIMAT

Durante o 2º trimestre os alumnos de 6º tivemos a oportunidade de visitar ECIMAT (Estación de ciencias marinas de Toralla)

Alí realizamos un itinerario pola ECIMAT e amosáronnos a estrutura e as instalacións. Poidemos ver e comprender un pouco mellor o traballo do persoal investigador, xa que as nosas guías Alba e Tania son técnicos especializados na investigación marina. Neste caso vimos un estudo que está a facer unha delas sobre o pepino de mar.

Tamén nos explicaron que teñen cinco liñas de actuación: Biodiversidade, calidade ambiental mariña e contaminación mariña, explotación sustentable dos recursos mariños, observación oceánica e cambio global e xestión integral da zona costeira.

Foi unha visita moi proveitosa que nos acercou á realidade do traballo a pé de mar. É xenial ver que o que estudas  vaiche  servir para investigar e buscar solucións que contribúan ó benestar da natureza e da sociedade. 

Noticias

Noticias.png

Lo que pasa en Miralba, noticias de la vida cotidiana del colegio

IMG_8951-2015-02-10-20-57-22.JPG

En este canal se publican las noticias de la vida cotidiana del colegio.