20180118_115216.jpg

Visita a Santiago de Compostela

O xoves 18 de xaneiro os alumnos de 5 de E.P. visitamos Santiago. Nesta viaxe tivemos a oportunidade de coñecer o Parlamento, sentarnos nas butacas do pleno, e recorrer o pazo do Horreo que o nome do edificio no que está o parlamento de Galicia. Ao longo do noso paseo polo edificio aprendemos cales son as funcións do parlamento, como se distribúen os grupos parlamentarios, onde se reunen e mesmo nos invitaron a que lles presentáramos aos nosos pais a súa pax web, Parlamento de Galicia , para que coñezan mellor o seu traballo e como poden participar.

Desde o pazo do Horreo fomos paseando polas mesmas rúas que menciona o libro de "O Trasno da catedral de Santiago" de Luisa Villar Liébana, cos mesmos soportais para protexerse da chuvia, as mesmas rúas estreitas Como a rúa do Vilar ou do Franco e coas mesmas tafonas, bares, panaderías …e ese arrecendo a comida recén feita. Agora entendemos por que o trasno non foi quen de resistirse e atacou a empanada.

Chegamos a catedral, demos unha volta polo seu interior, abrazamos ao santo, botámoslle unha ollada ao botafumeiro, que non lle tocaba traballar e non puidemos ver o Pórtico da Gloria porque está a ser restaurado. Contemplamos os edificios e as prazas que rodean a catedral e de volta ao autobús que moitos xa non paraban de preguntar ¿cando comemos?.

Noticias

Noticias.png

Lo que pasa en Miralba, noticias de la vida cotidiana del colegio

IMG_8951-2015-02-10-20-57-22.JPG

En este canal se publican las noticias de la vida cotidiana del colegio.